O alcalde Miguel Fernández avanza co empresariado de O Ceao e As Gándaras novas medidas para mellorar a competitividade dos polígonos

O encontro enmárcase no cronograma de traballo elaborado de forma conxunta entre a Alcaldía e o colectivo empresarial, co fin de avaliar o estado das infraestruturas e servizos e impulsar actuacións que reforcen a súa competitividade.

Durante a reunión abordáronse distintos aspectos relacionados coa seguridade. Entre eles, destaca a procura de emprazamentos estratéxicos para a instalación de novas cámaras de control de tráfico, a mellora da sinalización e iluminación así como o fomento do depósito selectivo de residuos ordiniarios.

O alcalde incidiu na importancia de continuar reclamando conxuntamente á Xunta a a conexión dos polígonos a través da Campiña, o que permitiría unha saída máis áxil cara á A-6 xunto no momento en que se está a habilitar un aparcadoiro municipal acoutado e vixiado para camións nesta contorna.

Mércores, 15 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde Miguel Fernández avanza co empresariado de O Ceao e As Gándaras novas medidas para mellorar a competitividade dos polígonos

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañdo pro mebros do seu equipo e responsabels de servicios municipais mantivo esta mañá unha reunión de seguimento coa directiva da Asociación de Empresarios de O Ceao–As Gándaras co obxectivo de continuar avanzando na implementación de melloras en ambos polígonos industriais.

O encontro enmárcase no cronograma de traballo elaborado de forma conxunta entre a Alcaldía e o colectivo empresarial, co fin de avaliar o estado das infraestruturas e servizos e impulsar actuacións que reforcen a súa competitividade como espazos industriais e comerciais de referencia na provincia.

Durante a reunión abordáronse distintos aspectos relacionados coa seguridade. Entre eles, destaca a procura de emprazamentos estratéxicos para a instalación de novas cámaras de control de tráfico —actualmente existen seis—, coa intención de ampliar este sistema en coordinación coa Policía Local. Ademais, acordouse traballar de forma conxunta na elaboración dun inventario do tipo de materiais cos que operan as distintas naves, co obxectivo de facilitar a intervención do Servizo de Bombeiros en caso de incidencia. Neste sentido, o rexedor subliñou que “todo o traballo preventivo que poidamos facer é pouco”.

Outro dos asuntos tratados foi a limpeza ordinaria. Miguel Fernández propuxo o desenvolvemento dun proxecto piloto nunha zona representativa dos polígonos para fomentar a recollida selectiva de residuos.

En materia de infraestruturas, analizouse a necesidade de mellorar a iluminación en determinadas vías, como a rúa da Industria, mediante a instalación de luminarias de baixo consumo, así como a reparación de deficiencias no firme, como o bache existente na rúa do Carro. Tamén se está a avaliar a mellora da sinalización horizontal e vertical en puntos estratéxicos.

Así mesmo, o alcalde incidiu na importancia de continuar reclamando conxuntamente á Xunta de Galicia a conexión dos polígonos a través da A Campiña, o que permitiría unha saída máis áxil cara á A-6. Esta demanda cobra especial relevancia no contexto actual, no que se está a habilitar un aparcadoiro acoutado e vixiado para camións nesta contorna. “É o momento adecuado para que, dunha vez, o Goberno autonómico comprometa esta mellora que lle permitiría ao noso tecido produtivo gañar competitividade, algo que sen dúbida repercutirá de forma moi positiva na nosa economía local”, sinalou.

Por último, a Alcaldía e a asociación empresarial acordaron manter un novo encontro de traballo dentro de tres meses para avaliar os avances realizados e propoñer novas actuacións en ambos polígonos industriais.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a Asociación de Empresarios de O Ceao–As Gándaras | Descargar mp3

Multimedia

  • O alcalde Miguel Fernández avanza co empresariado de O Ceao e As Gándaras novas medidas para mellorar a competitividade dos polígonos

Noticias relacionadas