Transición Ecolóxica instala 80 contedores de pilas nos centros e dependencias municipais para unificar e impulsar a recollida selectiva

Cada un destes colectores ten unha capacidade de 15 litros e leva inscrito o teléfono de contacto para unha recollida á carta, que ademais incrementa a frecuencia de baleirado.

O alcalde destaca que “coa incorporación destes depósitos os residuos quedan totalmente illados ao tempo que achegamos á cidadanía unha reciclaxe máis sinxela”.

Ata de agora, as e os lucenses podían levar estes residuos a grandes áreas comerciais e puntos temporais, mentres que agora facilítase a proximidade destes contedores.

Venres, 17 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Transición Ecolóxica instala 80 contedores de pilas nos centros e dependencias municipais para unificar e impulsar a recollida selectiva

A área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo ven de distribuír 80 contedores para pilas nos centros de convivencia e dependencias municipais, co obxectivo de “unificar e tamén de impulsar a recollida selectiva deste tipo de residuos”. Así o deu a coñecer o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, nunha visita realizada ao centro de convivencia Paco Martín, onde ao igual que no resto de centros sociais, xa se instalou este depósito, con capacidade para 15 litros, e que forma parte da campaña ‘Apila as túas pilas’. O rexedor lucense insistiu en que “deste xeito damos un paso máis no que respecta á recollida selectiva e ao tratamento de residuos. Por unha banda, incrementamos moito este tipo de depósitos ademais de descentralizalos, favorecendo que a cidadanía opte por levar a un contedor próximo este tipo de restos, o que ao longo prazo redunda no coidado do noso medio ambiente e no tratamento adecuado das pilas e baterías usadas”.

Con esta medida, o Concello de Lugo unifica os contedores destinados a este tipo de residuos, para o que está a eliminar os antigos e a substituílos polos novos, ademais de aumentar a súa instalacións noutras dependencias e centros municipais. Estes depósitos favorecer un illamento total dos residuos, pero ademais levan incorporado un número de teléfono, ao que pódese chamar para requirir o seu baleirado. “Aínda que imos a aumentar a frecuencia para a recollida das pilas usadas, con este novo sistema de contedores, poñemos en marcha o que denominamos o baleirado á carta”, sinala Miguel Fernández.

Ata de agora, as e os lucenses que querían depositar as pilas o baterías usadas nos contedores adecuados, debían facelo nos puntos temporais instalados, nos contedores de grandes áreas comerciais e algúns supermercados, ou no punto limpo, situado no polígono do Ceao. Coa distribución destes 80 depósitos en centros e dependencias municipais, facilítase á cidadanía realizar este tipo de reciclaxe dunha forma máis doada e rápida.

O alcalde de Lugo destacou ademais que “a recollida selectiva deste tipo de residuos vai en aumento nos últimos anos, o que proba a maior concienciación das e dos lucenses. De feito, no punto limpo entregáronse o ano pasado 1.355 quilos; polos 754 recollidos en 2024, e os 699 quilos do ano anterior”.

Os novos contedores cunha capacidade de 15 quilos contan cun fácil manexo e cun sistema de baleirado moi sinxelo, que, sen embargo, mantén este tipo de residuos totalmente illados.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre os contedores de pilas | Descargar mp3

Multimedia

  • Transición Ecolóxica instala 80 contedores de pilas nos centros e dependencias municipais para unificar e impulsar a recollida selectiva
  • Transición Ecolóxica instala 80 contedores de pilas nos centros e dependencias municipais para unificar e impulsar a recollida selectiva

Noticias relacionadas