A área de Alcaldía do Concello prestou o seu apoio, coa Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, para desenvolver un programa no que comezouse a traballar a primeiros de ano.
A prestación do xuramento realizarase a partir das doce da mañá nun acto solemne reservado a 200 cidadás e cidadáns, para o que é preciso realizar solicitude previa.
Uns 500 efectivos da Garda Real visitarán a cidade nas xornadas previas para participar en exercicios de instrucción, unha exposición e un concerto da Unidade de Música.
As inscricións pódense entregar na Subdelegación de Defensa en Lugo e facerse dixitalmente no enlace https://www.defensa.gob.es//defensa_yo/juras-bandera/index.html.

Uns 500 efectivos da Garda Real estarán na cidade de Lugo a primeiros de maio, para participar en diversos actos que rematarán cunha xura de bandeira dirixida a persoal civil, o vindeiro día 10 de maio, no Parque de Rosalía de Castro. Será a partir das 12.00 horas, cando un máximo de 200 lucenses poidan prestar este xuramento ao emblema nacional, para o que é necesario realizar solicitude previa no enlace https://www.defensa.gob.es//defensa_yo/juras-bandera/index.html, que unha vez cuberto débese entregar na Subdelegación de Defensa en Lugo, ou mediante o portal oficial do Exército. O prazo máximo para tramitar ditas inscricións remata o vindeiro 6 de maio.
Os primeiros contactos entre o Concello de Lugo e a Garda Real para a programación destas xornadas comezaron a primeiros de xaneiro, para establecer o apoio da institución municipal á Garda Real, a través dos corpos da Policía Local, Bombeiros e de Protección Civil. As actividades que se desenvolverán en Lugo responden ao despregamento que a Garda Real realiza polas provincias españolas, co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía os cometidos, as unidades que a integran e as misións que realizan.
O acto solemne da xura de bandeira porá fin a outra serie de actividades, que se desenvolverán ao longo das xornadas previas, concretamente desde o día 5, e nas que están previstos exercicios de adestramento, como por exemplo marchas a pé, a cabalo e en moto, para achegar a Garda Real á cidadanía; unha exposición que acollerá o Círculo das Artes; outra mostra dinámica no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo; e un concerto da Unidade de Música, que terá lugar o día 9, na Praza Santa María, ás 18.30 horas.
Ademais da de Música, está previsto un amplo despregamento con efectivos das Unidades de Honras e de Escoltas, que realizarán na cidades as exhibicións e paradas militares. Na visita da Garda Real á provincia de Lugo tamén hai programadas actividades noutros municipios lucenses, como é o caso de Sober, Pantón, Monforte de Lemos e O Saviñao.
Os interesados en xurar a bandeira deben ter a nacionalidade española; ter máis de 18 anos e non haber participado nunha xura da bandeira nos últimos 25 anos. Todos os requisitos para tomar parte neste acto solemne, a tramitación de solitudes, observacións e lexislación aplicable pódese atopar no enlace do Ministerio de Defensa https://www.defensa.gob.es//defensa_yo/juras-bandera/index.html, aínda que tamén é posible informarse de xeito presencial na Subdelegación de Defensa en Lugo.

