Cristina López: "Seguimos a achegar cursos ás distintas parroquias, fomentando a transmisión de coñecementos entre a veciñanza".
A iniciativa, dentro da que esta semana comezou unha nova formación sobre coiro, busca manter vivos os oficios tradicionais e dinamizar a vida asociativa nas parroquias de Lugo.

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou o MIHL onde comezou un novo curso curso de coiro organizado pola área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.
As persoas asistentes terán a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas da elaboración de elementos baseados en coiro, recibindo formación teórica, e tratando temas como o recoñecemento da ferramenta necesaria, a aprendizaxe de métodos para realizar distintas pezas ou a elaboración de acabados.
"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan á veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".


