Cristina López visita As Regas onde comeza un novo curso de cerámica organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Cristina López: "atendemos as peticións das distintas asociacións veciñais, fomentando a transmisión de coñecementos entre a veciñanza".

A iniciativa busca manter vivos os oficios tradicionais e dinamizar a vida asociativa nas parroquias de Lugo.

Domingo, 12 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López visita As Regas onde comeza un novo curso de cerámica organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou As Regas onde vén de comezar un novo curso de cerámica organizado pola área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.

As persoas asistentes terán a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas da elaboración de pezas de cerámica, recibindo formación teórica, e tratando temas como o recoñecemento dos materiais necesarios, a aprendizaxe de métodos para realizar distintas pezas ou a elaboración de acabados.

"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan á veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".

Multimedia

  • Cristina López visita As Regas onde comeza un novo curso de cerámica organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Noticias relacionadas