Case 20 actividades do Arde Lvcvs Cvltvral unen historia, patrimonio, deporte e ocio ao servizo do 25 aniversario da gran festa de recreación histórica

O concelleiro de Urbanismo, Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, presentou unha  ambiciosa programación que xa arrancou en abril e que se desenvolverá ata o 19 de xuño.

O edil responsable da festa explica que “houbo gran implicación e colaboración dos colexios, clubs deportivos, asociacións e do Servizo Municipal de Arqueoloxía”. 

Para a 25 edición da festa rexistráronse case 100 solicitudes para o mercado, dos 55 postos previstos, dos que só os de recreación histórica poderán situarse na Praza Maior.

Martes, 05 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Case 20 actividades do Arde Lvcvs Cvltvral unen historia, patrimonio, deporte e ocio ao servizo do 25 aniversario da gran festa de recreación histórica

O concelleiro de Urbanismo, Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, presentou esta mañá o Arde Lvcvs Cvltvral, unha programación que inclúe case 20 actividades e que pon ao servizo dos 25 anos desta festa non só cultura, senón historia, patrimonio, deporte, ocio e turismo. Así o  explicou o edil encargado desta festa, quen ademais agradeceu a importante implicación “de clubs deportivos, asociacións de recreación histórica e tamén do Servicio Municipal de Arqueoloxía de Lugo, para desenvolver este ambicioso programa, paralelo aos actos propios da festa”, que se celebrará do 18 ao 21 de xuño.   

Jorge Bustos lembrou que esta programación “realmente xa comezou no mes de abril coa celebración da Asamblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas, e ese gran desfile polo centro da cidade e cos obradoiros de EcoPercusión, impartidos gratuitamente nos colexios da cidade e que rematará o 19 de xuño na Praza da Soidade, cunha gran actuación incluída no programa do Arde Lvcvs”.

A historia e o patrimonio xogarán un papel fundamental na programación do Arde Lvcvs Cvltvral. De feito, segundo explicou o concelleiro de Xuventude “entre as actividades previstas destaca a visita a unha maqueta de Lvcvs Avgvsti a escala; a conta atrás do Arde Lvcvs; unha visita guiada polo patrimonio asociado á festa e a celebración do oitavo congreso Internacional da Sociedade de Estudos da Cerámica antiga en Hispania.

O deporte tamén estará presente, tanto con actividades como con accións concretas para continuar co labor de promoción da festa a nivel nacional, aproveitando o tirón mediático dos clubs máis representativos da cidade. De feito, haberá actividades de difusión do arde no encontro entre o Club Baloncesto Breogán e o Bàsquet Girona, o 16 de maio; e entre o Club Deportivo Lugo e o Zamora Club de Fútbol, no Anxo Carro, o próximo 10 de maio. Ademais, o Breogán presentará unha camisola conmemorativa do 25 aniversario do Arde Lvcvs, que se presentará no Pazo. Outras actividades destacadas no ámbito deportivo e de ocio serán os Xogos Romanos de Taboleiro e un scape room interactivo durante a propia semana da festa.

Máis info

Noticias relacionadas