A Tenencia de Alcaldía e a Vicepresidencia da Deputación colaboran co FACELA Fest no seu décimo aniversario

Maite Ferreiro: "Continuamos a apoiar un festival xa consolidado, que realiza unha importante aposta pola presenza feminina e polos grupos de Lugo".

O festival volverá celebrarse este ano entre o 6 e o 9 de maio.

Mércores, 29 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía e a Vicepresidencia da Deputación colaboran co FACELA Fest no seu décimo aniversario

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada pola Deputada Provincial responsable da área de Cultura, Iria Castro, represerntantes da asociación cultural FACELA, presentaron a décima edición do festival FACELA Fest, o festival de música independente que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo a través da área de Cultura. "Seguimos apoiando un festival xa consolidado no calendario cultural de Lugo, que realiza unha importante aposta pola presenza das agrupacións lideradas por mulleres e polos grupos de Lugo", explicou Maite Ferreiro.

A deputada de Cultura, Iria Castro, valorou "o traballo da organización para incluír cada ano no cartel bandas emerxentes que nos sorprenden" e encadrou o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao festival na colaboración que mantemos co tecido cultural e asociativo de toda a provincia para contribuír a unha axenda ampla e variada de música en directo, que dea opcións ao pújblico e tamén ás bandas e artistas galegas e locais".

O FaCeLa Fest volverá este ano cun cartel que aposta por bandas míticas da escena independente, entre as que se atopan nomes como Triángulo de Amor Bizarro,) Ripship (procedentes de Wellington, Nova Zelandia), a agrupación arxentina Pacífica, ou os lucenses Filophóbicas.

O Facela Fest é un festival de autor onde prima unha cousa por riba de todo: a calidade das bandas participantes. Un festival de música independente que se diferencia doutros festivais de música do País polo seu coidado e arriscado cartel. "Non é outro festival clónico, senón unha clara aposta pola diferenciación, coa cultura como eixo fundamental", afirmou Maite Ferreiro.

Multimedia

  • A Tenencia de Alcaldía e a Vicepresidencia da Deputación colaboran co FACELA Fest no seu décimo aniversario

Noticias relacionadas