A alcaldesa participou no acto que tivo lugar na sede do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, presidido pola súa titular Raquel Sánchez.
- Tema

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores no acto de sinatura dos protocolos de actuación da Axenda Urbana española que tivo lugar na sede do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en Madrid, e que estivo presidido pola titular do departamento, a ministra Raquel Sánchez.
Lara Méndez asinou, deste xeito, o protocolo para a implementación do Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 de Lugo, baixo o paraugas da marca “Lugo Cidade Verde” que foi seleccionado para o seu desenvolvemento polos fondos Next Generation. Este documento servirá como folla de ruta para marcar as actuación e a estratexia a levar a cabo na cidade, e que dará continuidade á deseñada e posta en marcha dende hai 7 anos, coa sostibilidade como eixo transversal.
Co obxectivo de involucrar a todos os e as lucenses na elaboración deste Plan de Acción, a rexedora lanzou varias vías de participación cidadá. Así, ata o de agora xa se celebraron encontros xuvenís, con mozos e mozas da cidade, das que xurdiu o grupo impulsor do futuro Consello da Mocidade; así como mesas de traballo con funcionarios municipais. Ademais, lanzouse unha enquisa na web do Concello para que todos os cidadáns poidan achegar o seu coñecemento, experiencia e ideas ao deseño do futuro da cidade.