O Concello de Lugo amplía a súa flota de vehículos sostibles dotando á Brigada de Augas dunha nova furgoneta eléctrico

O Executivo de Lara Méndez aprobou hoxe, en Xunta de Goberno, o inicio da licitación para adquirilo, que se financiará través de fondos Next Generation EU.

A modernización do parque móbil se estende a outros servizos como Policía Local, Bombeiros ou o transporte urbano, ao tempo que as novas concesionarias incorporan ás prestacións modelos de baixas emisións.

“Continuamos avanzando na modernización do parque móbil municipal en consonancia co modelo de cidade que nos sitúa á vangarda da loita contra o cambio climático”, afirmou a rexedora.

Mércores, 06 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo amplía a súa flota de vehículos sostibles dotando á Brigada de Augas dunha nova furgoneta eléctrico

O Executivo de Lara Méndez aprobou este mércores na Xunta de Goberno o inicio do procedemento para a adquisición dunha nova furgoneta eléctrica para a Brigada de Augas municipal. Así o avanzou a rexedora, quen subliñou que “continuamos dando pasos para renovar e ampliar a flota de vehículos sostibles do parque móbil, unha aposta ligada ao modelo de cidade no que estamos a traballar e no que a loita contra o cambio climático e a reducción das emisións de CO2 son dous piares fundamentais”.

O orzamento de licitación será de 78.650 euros. Logo de que a Administración local concorrera ao “Programa de incentivos a Mobilidade Eléctrica, Movex III, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Financiación pola Unión Europea e o Fondo NextGeneretionEU", segundo explicou Méndez.

A alcaldesa lembrou que “nos últimos anos avanzamos na renovación do parque móbil da Policía Local e dos Bombeiros, dous servizos aos que dotamos de novos automóbiles híbridos, ao tempo que apostamos por ampliar ás novas concesións a esixencia de contar con este tipo de vehículos, de baixas emisións, como pode ser a do transporte urbano, a limpeza viaria e recollida de lixo ou o mantemento das zonas verdes da capital”.

O orzamento de licitación será de 78.650 euros. Logo de que a Administración local concorrera ao “Programa de incentivos a Mobilidade Eléctrica, Movex III, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Financiación pola Unión Europea e o Fondo NextGeneretionEU".

Multimedia

  • O Concello de Lugo amplía a súa flota de vehículos sostibles dotando á Brigada de Augas dunha nova furgoneta eléctrico

Noticias relacionadas