Certificado de empadroamento

Código: 
505
Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

O certificado de empadroamento é o documento que acredita a residencia e o domicilio habitual das persoas empadroadas no concello, así como outros datos referidos ao empadroamento e que constan no padrón municipal.

Dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza vense de habilitar un procedemento especial para obter os certificados de empadroamento precisos para solicitar as axudas previstas no Real Decreto 8/2020.

Para solicitar o certificado, as persoas interesadas deberán contactar por correo electrónico co servizo de Padrón municipal, enviando un correo ao enderezo padron@concellodelugo.org,  indicando no asunto solicitude certificado empadroamento especial COVID-19. No correo deberán adxuntar o modelo de solicitude que se atopa na páxina web do Concello.

Dende o servizo de padrón realizarase unha videochamada coa persoa interesada, na que se lle pedirá que mostre á cámara o seu documento de identidade e os das persoas que figuran na súa inscrición padroal, e o libro da familia no caso de estar inscritos menores. Unha vez verificada a identidade, remitirase o certificado de empadroamento por correo electrónico.