Área de Cohesión Social
Actualidade

As principais limitacións afectan aos eidos cultural e deportivo e obrigan ao peche ao público dalgunhas instalacións
Algunhas das actividades programadas polas diferentes concellerías sufrirán cambios para adecuarse ao novo escenario da pandemia

A rexedora expuxo ante máis de 1.000 inversores e representantes de 15 países estranxeiros as vantaxes competitivas dun municipio “altamente emprendedor”.
Lara Méndez: “Europa ten posta a súa mirada en Lugo porque somos un exemplo no deseño de proxectos vinculados ás cidades sostibles do futuro”.
“Somos, ademais, un concello proactivo pois, pese ás dificultades do último ano realizamos unha inversión superior aos 49 millóns de euros”, apuntou.

A Conta Xeral foi aprobada hoxe en Pleno dentro do prazo legal establecido que, polos condicionantes que impuxo a pandemia, se prorrogou até este venres, 22 de xaneiro
O balance sinala unha execución, nese exercicio, do 90% do investimento comprometido
A Administración local mantivo ese ano a débeda financeira a cero e rebaixou ata un terzo o período medio de pago a provedores, que se situou nos 10’4 días

Nas últimas semanas foron instaladas láminas anticalóricas en 97 cristais e proximamente se procederá á colocación de 16 aparatos de aire acondicionado nas diversas salas do edificio
O importe total dos traballos, enmarcados no obxectivo de acadar unha maior eficiencia enerxética nas dependencias municipais, ascende a 21.366 euros