Policía Local e Tráfico

Segundo o Artigo 53 da Lei Orgánica 2/86, de 13 de Marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, os Corpos de Policía Local deberán exercer as seguientes funcions:

  • Protexer ás autoridades das Corporacións locais, e vixilancia ou custodia dos seus edificios e instalacións.
  • Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no casco urbano, de acordo co establecido nas normas de circulación.
  • Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do casco urbano.
  • Policía Administrativa, no relativo ás Ordenanzas, Bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
  • Participar nas funcións de Policía Xudicial, na forma establecida no art. 29,2 desta lei.
  • A prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas leis, na execución dos plans de Protección Civil.
  • Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas Xuntas de Seguridade.
  • Vixiar os espazos públicos e colaborar cas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía das Comunidades Autónomas na protección das manifestacións e o mantemento do orden en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para elo.
  • Cooperar na resolución dos conflitos privados cando sexan requiridos para elo.

Directorio