O Concello desenvolve programas dirixidos a garantir a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Lugo, establecendo políticas de igualdade e de prevención da violencia de xénero no noso concello.
Información, orientación e asesoramento en materia social. Tramitación de Risga, emerxencia social, axudas periódicas de prevención e apoio ás familias para a integración do menor, pensións non contributivas, prestacións de dependencia, e acceso aos programas e equipamentos dos servizos sociais de atención primaria.
Servizo específico integrado nos servizos sociais municipais, froito dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e o Concello de Lugo, dirixido a proporc
Colaboración con asociacións e instancias públicas e privadas relacionadas coa accesibilidade para a eliminación das barreiras no concello de Lugo, sentando as bases ás que se deberán axustar as intervencións urbanísticas e comerciais.