Mesa Local de Comercio

Obxectivos

  • Lograr un maior dinamismo e modernización do comercio
  • Erixirse en foro de debate plural e eficaz
  • Espazo consultivo e de coordinación local co obxectivo de consensuar as políticas municipais para a promoción da actividade comercial de Lugo

Funcións

Órgano consultivo do Concello de Lugo nas seguintes materias:

  • Remodelación e reforma de rúas e instalacións de uso comunitario 
  • Mobilidade: aparcadoiros, accesibilidade, plans de tráfico e ordenación urbana; sistema ORA
  • Actuacións en zonas peonís: proxectos de creación, modificación e mellora das rúas e zonas peonís-comerciais
  • Amoblamento urbano, sinalizacións, rotulación comercial, iluminación
  • Formación de empresarias e empresarios e persoal traballador
  • Campañas de promoción, estudos sobre a situación do comercio, plans de dinamización
  • Programas relacionados con novas tecnoloxías e I+D+i
  • Proxectos de reforma de fachadas de comercios
  • Venda ambulante; instalación de terrazas
  • Propoñerlle ao Concello cantas medidas, iniciativas e propostas considere conveniente para o desenvolvemento e mellora do sector

Composición

Presidenta Alcaldesa de Lugo

Vogais

  • Presidente/a da Federación de Comercio
  • Presidente/a da Asociación de Hostaleiros
  • Director/a Xeral de Comercio
  • Concelleiro/a de Economía e Emprego
  • Concelleiro/a de Servizos Xerais
  • Concelleiro/a de Cultura e Turismo
  • Concelleiro/a de Infraestruturas
  • Representantes das asociacións de zonas (cando se tratan asuntos que lles afecten directamente)

Secretario/a

  • Técnico/a municipal