
Lugo, 27 de febreiro de 2021. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que o vindeiro luns comezará unha nova actuación de mantemento no Aparcadoiro Municipal do HULA.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou das melloras que se están a realizar na carpa habilitada na praza da Soidade para celebrar o Mercado Tradicional mentres se executen os traballos de rehabilitación do soto da Praza de Abastos.

O Goberno de Lara Méndez editará unha newsletter para achegar á cidadanía, actualidade e información sobre actuacións e propostas de vangarda no ámbito do medio ambiente e a loita contra o cambio climático co obxectivo de sensibilizar e concienciar á poboación.

A Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, pon en marcha o certame Lugo pola igualdade, que, ao redor do cancelo #Lugopolaigualdade, recompilará vídeos na rede social Tik Tok para concienciar e loitar pola igualdade de xénero e en oposición ao machismo.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou do inicio dos traballos de rehabilitación do soto da Praza de Abastos, que terá lugar o vindeiro xoves 18.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou do desenvolvemento do Mercado Tradicional a partir da vindeira semana, e que se manterá mentres duren os traballos de reforma do soto da Praza de Abastos.

O executivo de Lara Méndez continúa a dar pasos para incrementar a dotación de persoal municipal.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o certame telemático de disfraces Entroideando 2021, co que desde a Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo se pretende manter a tradición e o espírito do Entroido, debido a que

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, deu conta das novas medidas a aplicar no Mercado de Frigsa, unha vez o persoal técnico municipal analizou o decreto da Xunta de Galiza.

Tralas novas restricións adoptadas para frear a propagación do Coronavirus, o Concello de Lugo informa que os servizos municipais se manteñen pese a que algunhas das instalacións deben permanecer pechadas.