Actualidade

Ex., 18-03-2024
Ex., 18-03-2024
Luns, 18 de marzo de 2024
O Concello adxudica 27 dos 32 hortos urbanos dispoñibles no Parque de Paxariños

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta de Goberno Local a listaxe provisional de beneficiarios e abre un novo prazo para a solicitude das 5 parcelas dispoñibles.

Para a concesión dos hortos abriuse un proceso de concorrencia competitiva no que tiveron preferencia as persoas desempregadas, en risco de exclusión ou maiores de 65.

As autorizacións serán persoais e temporais, polo prazo de dous anos vexetativos.

Luns, 18 de marzo de 2024
Paula Alvarellos: “Coa apertura das novas oficinas do SEPE gaña toda a cidadanía lucense pero, especialmente, a veciñanza da Residencia”

A rexedora, acompañada de Pedro Blanco e Isabel Rodríguez, visitou este luns as novas instalacións, xa en funcionamento, situadas na antiga escola de Enfermería.

Alvarellos agradeceu ao Goberno Central a súa aposta decidida pola materialización das novas oficinas mediante a cesión gratuíta dos terreos e un investimento de 1,2M de euros.

Ademais, puxo en valor a implicación veciñal para demandar novos servizos para o barrio e lembrou que “o Concello sempre tendeu a man para colaborar neste proxecto”.

Luns, 18 de marzo de 2024
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 15 ao 17 de marzo/24.

Sábado, 16 de marzo de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos incorpora seis novos proxectos empresariais ao CEI-Nodus municipal

O edil de Dinamización Económica mantivo un encontro cos usuarios e usuarias deste viveiro, no que lles mostrou o apoio do Concello, dentro da súa aposta polo “fomento da innovación e a cultura emprendedora en Lugo”.

Repetto deu a benvida a seis novos proxectos que ocuparán outros tantos locais no CEI e que ofrecen servizos diversos: dende deseño e rotulación ata coach e asesoramento.

Así mesmo, presentoulles a nova normativa reguladora de uso e cesión dos espazos coa que o Executivo municipal busca potenciar o ecosistema emprendedor lucense.

Venres, 15 de marzo de 2024
O Concello de Lugo incorpórase á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes para avanzar cara un sector máis sostible e competitivo

Trátase dunha rede nacional, promovida polo Goberno Central, que busca consolidar os niveis de desenvolvemento e competitividade do modelo turístico español actual.

Paula Alvarellos: “Esta iniciativa supón unha importante oportunidade para fomentar o intercambio de experiencias e coñecemento entre os máis de 300 membros da rede”.

“Apostamos por un turismo de calidade, baseado nas experiencias e no aproveitamento dos nosos recursos naturais, patrimoniais e culturais de forma sostible”, engadiu.

Xoves, 14 de marzo de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos licita o novo contrato de Axuda no fogar, no que investirá 33,9 millóns nos próximos 5 anos

O contrato incorpora novidades encamiñadas a garantir a calidade da atención prestada e as condicións dos traballadores e traballadoras. Ademais incorpora unha nova figura técnica que fará labores de coordinación e valoración das necesidades dos usuarios.

“A través desta ferramenta realízase un traballo de atención, coidado e acompañamento que ten un valor incalculable para as persoas maiores á vez que logramos favorecer e potenciar a súa autonomía persoal”, sinalou a edila de Benestar Social.

“Ante a falta de compromiso que o Goberno autonómico evidencia en materia social, apostamos por realizar esta enorme mobilización de recursos municipais para asegurar unha atención de calidade para este colectivo”, apuntou Olga López.

Páxinas