Os traballos de Adif na estación ferroviaria afectarán temporalmente a un tramo da rúa Río Mosa e a unha parcela de Montero Ríos

Estes traballos implicarán a ocupación dalgunhas prazas de aparcamento existentes, ao redor dunhas 20, o que supón algo menos do 40% das existentes nesa parcela.

Ademais será necesario cortar un tramo duns 30 metros da rúa Río Mosa que discorre pegado á vía, ainda que os accesos as fincas desta zona queda garantido desde Camiño da Chanca, Montero Ríos e San Eufrasio.

En previsión da diminución temporal de aparcadoiro na contorna da estación ferroviaria por mor do proxecto de edificación da nova intermodal, o Goberno local habilitará novos estacionamientos na zona.

Venres, 26 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os traballos de Adif na estación ferroviaria afectarán temporalmente a un tramo da rúa Río Mosa e a unha parcela de Montero Ríos

O Concello de Lugo informa de que, para levar a cabo obras de renovación de vía do tramo Monforte de Lemos-Lugo, Adif ten previsto iniciar algunhas actuacións nas próximas semanas na estación de Lugo que, nas primeiras fases, supoñerá a renovación dos desvíos das cabeceiras de lado Lugo Mercadorías, para abordar a continuación os desvíos ao lado Monforte. Isto implica que, a partir do próximo luns, día 29 de abril, o Ente ferroviario necesite ocupar unha zona de instalacións auxiliares situada na rúa Montero Ríos ata, previsiblemente, finais de ano. Estes traballos implicarán a ocupación dalgunhas prazas de aparcamento existentes, ao redor dunhas 20, o que supón algo menos do 40% das existentes nesa parcela.

Ademais, nesas mesmas datas, será necesario cortar un tramo duns 30 metros da rúa Río Mosa que discorre pegado á vía e que, nun primeiro momento quedará restrinxido tanto para a circulación de peóns como para vehículos, prevéndose que a mobilidade peonil recupérese xa en xuño. Mentres tanto, o acceso ás fincas que hai na zona farase, en dobre sentido desde Camiño da Chanca, desde a rúa Montero Ríos e desde a rúa San Eufrasio. Do mesmo xeito, na contorna da zona de traballo deixarase habilitarase un espazo para realizar cambios de sentido.

En previsión da diminución temporal de aparcadoiro na contorna da estación ferroviaria por mor do proxecto de edificación da nova Intermodal, o Goberno local xa anunciou que habilitará novos estacionamientos na zona. Deste modo, vanse xerar 50 novas prazas na vía que une Serra de Meira coa avenida Infanta Elena, localización situada a menos de 100 metros da instalación de Adif. Ademais, o Goberno local estuda tamén a posibilidade de incrementar novas prazas de aparcamento nas inmediacións da estación reordenando os espazos existentes na contorna.

Noticias relacionadas