Asesoría Xurídica

A Asesoría Xurídica do Concello de Lugo ten como función o desenvolvemento das seguintes tarefas:

  • Representación e defensa do Concello ante toda clase de tribunais nas súas diferentes instancias e xurisdiccións no territorio nacional, mesmo ante o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional.
  • Asesoramento da Corporación e emisión de todos os informes verbais e escritos que se soliciten pola Alcaldía ou as Comisións.
  • Asistencia ás Comisións cando así o solicite o Presidente das mesmas.
  • Asesoramento xurídico a todos os Servicios Municipais:  Expedientes, Reclamacións, Indemnizacións por danos (particulares ou polo Concello)
  • Rexistro de parellas de feito.
  • Certificación das vodas civís.
  • Substitución de Funcionarios de Habilitación Nacional (F.H.N).

Normativa pola que se rexe este Servizo e as funcións que desenvolve:

  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común [ pdf  (en castelán) ]
  • RD 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servicios de información administrativa e atención ó cidadá [ pdf (en castelán) ]
  • Decreto da Alcaldía de data 20 outubro de 1999 polo que se crea o Rexistro de Parellas de Feito.

Directorio