O Consello Económico e Social é un órgano colexiado de participación, de conformidade co artigo 69 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, de carácter consultivo e asesor en materia socio-económica deste Concello; e que se estrutura como un Consello sectorial, de conformidade co artigo 130 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, así como do Regulamento de Participación Cidadá.
O Consello Económico e Social configúrase como un órgano permanente de comunicación entre os distintos intereses económicos e sociais do municipio e de asesoramento e diálogo entre estes e o Concello, que ten como principal finalidade contribuír ao desenvolvemento económico e social do concello de Lugo, impulsando todas cantas actuacións vaian encamiñadas á modernización e mellora da economía municipal.
Composición do Consello Económico e Social
O Pleno é o supremo órgano de decisión e formación da vontade do Consello.
Os compoñentes do Pleno distribúense do seguinte xeito:
- A Alcaldesa, que será a Presidenta do Consello Económico e Social.
- Un/unha membro da Xunta de Goberno Local, designado/a pola Presidenta, e que será Vicepresidente/a.
- Un representante de cada grupo político municipal designado por cada unha das forzas políticas.
- Un representante de Deputación Provincial de Lugo, designado polo mesmo.
- Os representantes das Xefaturas Territoriais das Consellerías que teñan asumidas as competencias de comercio, industria e emprego.
- Tres representantes das centrais sindicais máis representativas, en proporción á súa representatividade, e designados polos máximos órganos das mesmas.
- Un representante da Confederación de Empresarios de Lugo.
- Un representante da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.
- Un representante das entidades financeiras situadas no municipio, elixido por elas ou, no seu defecto, polo Pleno do Concello entre os candidatos propostos por cada entidade.
- Dous representantes libremente designado po Pleno do Concello entre persoas de recoñecida solvencia e prestixio no eido económico e social.
- Secretario/a: O da Corporación ou funcionario nomeado polo mesmo a proposta daquel, que actuará con vos pero sen voto.
- Interventor/a: O da Corporación ou funcionario nomeado polo mesmo a proposta daquel, que actuará con voz pero sen voto.