Área de Gobernanza municipal
Actualidade

A iniciativa busca crear un espazo de acordo entre os colectivos económicos, políticos, sociais e institucionais para converter á cidade nun polo de atracción de empresas.
Lara Méndez: “Estamos a traballar para fortalecer o noso tecido económico a través de tres liñas básicas: innovación, economía verde e dixitalización”.
Con este proxecto, o executivo reforza a Estratexia Lugo Transforma, coa que o Concello mobilizará 12 millóns en 5 anos parar atraer inversión e crear emprego.

Lara Méndez avanza 13 novas accións nunha estratexia global para dinamizar as zonas comerciais da cidade, modernizar e consolidar ás empresas e fomentar o emprendemento.
O Concello creará un mapa de impulso comercial por barrios, potenciando a identidade propia de cada zona e impulsando actuacións de lecer para darlles vida durante todo o ano.
O plan porá a disposición dos establecementos ferramentas de formación e asesoramento, e de uso das novas tecnoloxías para que poidan modernizarse e gañar en competitividade.
Dotarase de novos medios aos emprendedores dos espazos municipais da zona da Tinería e do Centro de Emprendemento CEI-Nodus para incrementar as súas vendas.
Elaborarase o primeiro estudo sobre as potencialidades do rural lucense para fomentar a economía verde, circular e sustentable, de acordo coas liñas estratéxicas do Goberno local.

Todas as persoas que realicen compras por máis de 40 euros na Praza e no Mercado recibirán un agasallo
A campaña ten lugar o primeiro e o terceiro sábado de cada mes

A rexedora de Lugo desenvolve o compromiso do Goberno local de destinar o 1% do orzamento deste ano aos sectores máis afectados polas continuadas restricións sanitarias.
As subvencións serán de 2.000, 1.500 e 1.000 euros por beneficiario dependendo de se o peche dos establecementos é total ou parcial e segundo o número de empregados.
A alcaldesa lembra que os recursos deste plan e do Reanima de 5 millóns de euros son municipais, porque a Xunta non canalizou nin “un euro das axudas do Goberno central aos concellos”.
Establécese un novo procedemento, máis áxil, de presentación e resolución de solicitudes, cuxa concesión realizarase por rigorosa orde de entrada na sede electrónica municipal.