¡Participa!
Actualidade

O Executivo de Lara Méndez aprobou hoxe, en Xunta de Goberno, o inicio da licitación para adquirilo, que se financiará través de fondos Next Generation EU.
A modernización do parque móbil se estende a outros servizos como Policía Local, Bombeiros ou o transporte urbano, ao tempo que as novas concesionarias incorporan ás prestacións modelos de baixas emisións.
“Continuamos avanzando na modernización do parque móbil municipal en consonancia co modelo de cidade que nos sitúa á vangarda da loita contra o cambio climático”, afirmou a rexedora.


Con esta medida a área de Medio Ambiente pretende contribuír a controlar a evolución da mancha de combustible e atallar a posibilidade de que chegue a afectar á traída pública municipal.


A alcaldesa, Lara Méndez, anunciaba hoxe que a Xunta de Goberno aprobará esta semana o procedemento da concesión do uso privativo destes espazos.
A adxudicación, que se reserva a centros especiais de emprego de iniciativa social, será por un prazo de doce anos e partirá dunha taxa mínima anual de 136 euros por cada m² que ocupen as instalacións.
A rexedora amosou a súa satisfacción polo reinicio desta actividade “de gran utilidade pública e co que queremos dar resposta a unha demanda social que existía dende hai tempo na cidade”, afirmou.

Segundo a alcaldesa lucense, Lara Méndez, “será o documento clave que nos permitirá definir o desenvolvemento residencial polo que se rexerá toda a contorna comprendida entre Garabolos, As Gándaras e o Sagrado Corazón”.
A ordenación dun sistema de espazos abertos mellorará a conectividade ambiental do Parque Lineal Fluvial identificado entre as cuncas do Miño, Rato e Fervedoira.
As ferramentas habilitadas propiciarán que o novo Barrio brinde servizos ao conxunto da cidade e contribúa ao ciclo da auga, diminuíndo a súa vulnerabilidade ao cambio climático.
O Plan inclúe ademais unha innovadora iniciativa de dinamización que favorecerá a implantación de actividades do sector da Bioeconomía no Parque Empresarial das Gándaras.


A alcaldesa de Lugo e primeira mandataria do Eixo Atlántico presidiu hoxe, en Maia, a Comisión Executiva do organismo da Eurorrexión onde se avaliou o alcance das últimas accións impulsadas polo ente transfronteirizo.
A rexedora avanzou que a vindeira xuntanza terá lugar en novembro, na capital amurallada, aproveitando a súa designación en 2023 como Cidade da Cultura do Eixo.

A concelleira deu a noraboa aos membros da escola de danza lucense que se alzaron co primeiro posto no Nacional celebrado na localidade de Narón.
“É un orgullo ter unhas embaixadoras coma vós, pois contribuídes a dar a coñecer o noso municipio e situalo como un referente no ámbito deportivo”, apuntou.

As xornadas terán lugar os días 12 e 13 de Xullo, en horario de 16:30h a 21:30h, na Praza Maior.
A acción busca sensibilizar á poboación sobre a relación existente entre o consumo de drogas e a condución e dotala de coñecementos nesta área.
Haberá unha zona de simulación para poder experimentar as diferencias de axilidade e rapidez en reacción respecto á mobilidade en condicións normais.