Proxecto Lugo+Biodinámico

Proxecto Lugo+Biodinámico

1- Título do proxecto

Proxecto LIFE Lugo+Biodinámico. Planificación dun barrio multi-ecolóxico como modelo de resilencia urbana. Número de proxecto: LIFE14 CCA/ES/000489

Life

2- Ámbito do proxecto

O ámbitoÁmbito do proxecto Lugo Biodinámico territorial do presente traballo correspóndese co establecido na memoria do proxecto LIFE LUGO + BIODINÁMICO no que se determina unha localización específica situada ao nordeste da cidade de Lugo, nas proximidades dos parque industrial do Ceao e do parque empresarial das Gándaras para desenvolver una estratexia urbana innovadora de Adaptación ao Cambio Climático.

Así mesmo, a Área de Actuación proposta localízase no ámbito do "Cinturón Verde" que envolve toda a cidade, dende o Oeste ao Noroeste, seguindo os cursos fluviais do Miño, Rato e Fervedoira, e cuxa previsión aparece recollida no Planeamento Xeral (PXOM-2011), dentro do novo Modelo de Ordenación Territorial, que se deseña para a Cidade de Lugo.

 3- Obxecto do proxecto

O proxecto LUGO + BIODINÁMICO trata de contribuír a desenvolver unha estratexia de planificación urbana para lograr unha adaptación efectiva ao cambio climático a escala de veciñanza ou barrio residencial, visualizando o mesmo non como unha ameaza senón como unha oportunidade para a mellora da calidade dos espazos urbanos, considerando o cambio climático como reto e a necesidade crecente de rexeneración dos ámbitos urbanos como o seu contexto. Por iso, establece un programa de actuacións cunha duración de 4,5 anos que inclúe un amplo abano/mosaico de 28 accións relacionadas entre si que van dende o coñecemento do escenario climático de referencia, o marco analítico e a visión estratéxica do emprazamento, o catálogo de solucións de deseño urbano, co detalle de definición das infraestruturas ecolóxicas do ámbito e a planificación detallada de zonas de confort climático residencial, ata as accións de selvicultura de frondosas autóctonas, cultivos enerxéticos en medio urbano, souto de cast