Alugueiro de locais comerciais na Tinería

O Goberno de Lara Méndez pon a disposición seis locais comerciais en alugueiro na zona da Tinería, destinados a emprendedores e/ou entidades empresariais, coa finalidade de seguir apoiando e impulsando a promoción económica, social e comercial empresarial desta zona, así como creando emprego na cidade de Lugo. Mediante esta iniciativa, se segue a poñer en valor a zona da Tinería, cedendo o uso de locais comerciais, de titularidade da Xunta de Galicia, e cedidos, a súa vez, ao Concello de Lugo. O Concello responsabilizase da súa cesión, para que poidan servir de apoio a emprendedores e/ou entidades empresariais, creando e xerando emprego e actividade económica, que os convertan en instrumentos de dinamización socio laboral, empresarial, económica e cultural, contribuíndo a rexeneración dunha zona emblemática da nosa cidade, como é a Tinería. Deste xeito, tratase de seguir impulsando a creación, promoción e consolidación de empresas mediante a adxudicación de locais, en réxime de alugueiro, e continuar facilitando o acceso aos mesmos mediante a súa adecuación e a flexibilización dos pagos das rendas, que terán un carácter simbólico, moi inferiores aos importes satisfeitos polo Concello ao IGVS. A finalidade deste proxecto é o de impulsar a creación, promoción e consolidación de empresas mediante a adxudicación de locais, en réxime de alugueiro, e facilitarase o acceso aos mesmos mediante a reducción por parte do concello do 70% da renda a satisfacer por cada arrendatario/a (en relación ao importe total que O Concello de Lugo satisface ao IGVS). Ademais o Concello de Lugo, asumirá o custo do IBI de todolos locais, e este custo non se repercutirá aos arrendatarios.

*** NOTA IMPORTANTE: VISITA GUIADA AOS LOCAIS DE “A TINERÍA” Tódalas persoas interesadas, en coñecer in situ os 6 locais comerciais que o Concello de Lugo aluga na zona de “A Tinería”, poden acudir o venres 8 de setembro de 2023, a unha visita guiada por un técnico municipal. Visitarase cada un dos 6 locais que se ofertan. Non é preciso a inscrición previa, tan só acudir ás 10:00 h. do devandito día, ao punto de encontro, sito no Recanto do Miño, 8.

Máis info