Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alugueiro de locais comerciais na Tinería

Alugueiro de locais comerciais na Tinería

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Economía,
    • Emprego

O Goberno de Lara Méndez pon a disposición seis locais comerciais en alugueiro na zona da Tinería, destinados a emprendedores e/ou entidades empresariais, coa finalidade de seguir apoiando e impulsando a promoción económica, social e comercial empresarial desta zona, así como creando emprego na cidade de Lugo. Mediante esta iniciativa, se segue a poñer en valor a zona da Tinería, cedendo o uso de locais comerciais, de titularidade da Xunta de Galicia, e cedidos, a súa vez, ao Concello de Lugo. O Concello responsabilizase da súa cesión, para que poidan servir de apoio a emprendedores e/ou entidades empresariais, creando e xerando emprego e actividade económica, que os convertan en instrumentos de dinamización socio laboral, empresarial, económica e cultural, contribuíndo a rexeneración dunha zona emblemática da nosa cidade, como é a Tinería. Deste xeito, tratase de seguir impulsando a creación, promoción e consolidación de empresas mediante a adxudicación de locais, en réxime de alugueiro, e continuar facilitando o acceso aos mesmos mediante a súa adecuación e a flexibilización dos pagos das rendas, que terán un carácter simbólico, moi inferiores aos importes satisfeitos polo Concello ao IGVS. A finalidade deste proxecto é o de impulsar a creación, promoción e consolidación de empresas mediante a adxudicación de locais, en réxime de alugueiro, e facilitarase o acceso aos mesmos mediante a reducción por parte do concello do 70% da renda a satisfacer por cada arrendatario/a (en relación ao importe total que O Concello de Lugo satisface ao IGVS). Ademais o Concello de Lugo, asumirá o custo do IBI de todolos locais, e este custo non se repercutirá aos arrendatarios.

*** NOTA IMPORTANTE: VISITA GUIADA AOS LOCAIS DE “A TINERÍA” Tódalas persoas interesadas, en coñecer in situ os 6 locais comerciais que o Concello de Lugo aluga na zona de “A Tinería”, poden acudir o venres 8 de setembro de 2023, a unha visita guiada por un técnico municipal. Visitarase cada un dos 6 locais que se ofertan. Non é preciso a inscrición previa, tan só acudir ás 10:00 h. do devandito día, ao punto de encontro, sito no Recanto do Miño, 8.

Máis info

  • ANEXO I | Descargar pdf [1]
  • Bases convocatoria bop | Descargar pdf [2]
  • Croquis local - Praciña da Universidade 3 -local 2 | Descargar pdf [3]
  • Croquis local - Recanto do Miño 8 | Descargar pdf [4]
  • Croquis local -Miño 32 | Descargar pdf [5]
  • Croquis local -praciña universidade 3 - local 1 | Descargar pdf [6]
  • Croquis local -Recanto de Miño 15 | Descargar pdf [7]
  • Croquis local -Tinería 24 | Descargar pdf [8]
  • NOTA IMPORTANTE.- VISITA GUIADA AOS LOCAIS DA TINERÍA | Descargar pdf [9]
  • Ordenanza_burgo_medieval | Descargar pdf [10]
  • Plano_burgo_medieval | Descargar pdf [11]
  • Plano_situacion_locais_TINERIA 2023 | Descargar pdf [12]
  • Decreto de adxudicación provisional dos locais do viveiro de A TINERÍA | Descargar pdf [13]
  • Decreto de adxudicación definitiva dos locais do viveiro de A TINERÍA | Descargar pdf [14]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/alugueiro-de-locais-comerciais-na-tineria

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/anexo_i.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_convocatoria_bop.pdf_firmado.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/croquis_local_-_pracina_da_universidade_3_-local_2.pdf
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/croquis_local_-_recanto_do_mino_8.pdf
[5] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/croquis_local_-mino_32.pdf
[6] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/croquis_local_-pracina_universidade_3_-_local_1.pdf
[7] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/croquis_local_-recanto_de_mino_15.pdf
[8] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/croquis_local_-tineria_24.pdf
[9] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/nota_importante.-_visita_guiada_aos_locais_da_tineria.pdf
[10] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/ordenanza_burgo_medieval.pdf
[11] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/plano_burgo_medieval.pdf
[12] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/plano_situacion_locais_tineria_2023.pdf
[13] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/decreto_asinado_resolucion_provisonal_adxudicacion.pdf
[14] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/decreto_resolucion_definitiva_adxudicacion.pdf