Actualidade

Sábado, 22 de xaneiro de 2022
Lara Méndez promove unha rede de destinos turísticos culturais con cidades de toda España con pasado romano

A Alcaldesa de Lugo asinou en FITUR a acta fundacional da Rede Hispania Romana con Mérida, Cartaxena, Alcalá de Henares, Málaga e Segovia para elaborar proxectos conxuntos.

Comezará a traballarse nun plan de acción co fin de cooperar na creación de itinerarios culturais, desestacionalizar a oferta e “contribuír a unha xestión máis sostible dos recursos”,

A rexedora impulsa tamén a través do Eixo Atlántico a creación dun circuíto cultural romano galaico luso, que sexa o segundo máis importante do noroeste tralo Camiño de Santiago.

Luns, 24 de xaneiro de 2022
O Goberno de Lugo avanza na atención aos barrios periféricos con novas actuacións na zona de Albeiros

Alexandre Penas: "avanzamos na mellora da calidade de vida da veciñanza, renovando o asfalto das rúas Fento e Xasmín, e instalando novo alumeado nas rúas Couselo e Xasmín"

Nos vindeiros días comezarán as actuacións nestas rúas, que contan cun orzamento de preto de 20.000€

Luns, 24 de xaneiro de 2022
Lara Méndez participa este xoves nun debate en liña cos alcaldes de Galway (Irlanda) e Lorient (Francia) sobre Europa e a cultura

A iniciativa desenvólvese no marco da presidencia francesa do Consello da Unión Europea baixo o título Noite Europea das Ideas.

O debate será moderado pola Dra. Cliona Hensey, investigadora da Universidade Nacional de Irlanda e traducido a inglés, francés e español.

Comezará ás 19:00 horas e poderá seguirse, mediante rexistro previo gratuíto, a través do seguinte enlace: https://tinyurl.com/5ek94fyy

Domingo, 23 de xaneiro de 2022
O Vello Cárcere acolle a exposición Flores Silvestres de Galiza, do pintor ourensán Consantino González

A exposición consta de 19 pinturas realizadas en óleo sobre lenzo mostrando as distintas flores silvestres que se poden atopar na Galiza

A mostra poderá visitarse nas celas de homes da pranta baixa ata finais de abril

Sábado, 22 de xaneiro de 2022
Maite Ferreiro mantivo xuntanzas con profesionais do sector turístico en Fitur

A concelleira de Cultura explicou que “buscamos coñecer proxectos novidosos e atraer turismo a Lugo”

Ferreiro reuniuse, xunto co Presidente da APEHL, Cheché Real, co Presidente de Hostelería de España, José Luís Yzuel