Programa de Animación Sociocultural 2023/2024

En que consiste?

Trátase dun conxunto coordinado de actividades de tipo social, cultural, educativo e de lecer que, seguindo unha programación trimestral, se desenvolven nos centros sociais municipais e nas parroquias rurais en colaboración co movemento asociativo cidadán.

O obxectivo é o de fomentar a participación das persoas e dos grupos na vida comunitaria, a solidariedade, o asociacionismo, o voluntariado, etc.

Que tipo de actividades se ofertan?

Actividades de formación e de tipo social e cultural para adultos e pequenos

  • Cursos de idiomas e novas tecnoloxías
  • Obradoiros de teatro
  • Labores artísticos e manuais
  • Actividades psicofísicas
  • Obradoiros de saúde
  • Expresión musical
  • Outras actividades socioculturais e de lecer de carácter aberto

Onde se desenvolven as actividades?

Nos centros de convivencia municipais.

Directorio