Animación Sociocultural

Insertada nos servizos sociais comunitarios básicos a Animación Sociocultural trata de fomentar a cooperación, a solidariedade social e  a participación das persoas e dos grupos na vida comunitaria.

Comprende un conxunto de programas de intervención comunitaria que constitúen un elemento de prevención e inserción social:

Aulas Abertas

É un programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, beneficiando tanto ás e aos menores como á unidade de convivencia no seu conxunto.

Bases Extraordinarias de acceso ao programa “Aulas Abertas: Aniñar na Cidade”, a levar a cabo por mor da Prevención do Coronavirus.

Máis info

Acompañamoste

Programa dirixido ás persoas maiores en situación de soidade non desexada e/ou especial vulnerabilidade. Este programa lévase a cabo en colaboración coa Cruz Vermella e púxose en marcha co inicio da pandemia para dar apoio a estes colectivos.

Maiores

Os voluntarios da Cruz Vermella realizan un seguimento telefónico diario e en diferentes franxas horarias, e contan con soporte técnico para aqueles casos nos que se detectan necesidades específicas que requiran accións concretas. Esta atención reforzarase cun servizo de acompañamento por parte de voluntarios, que estarán cos maiores cunha periodicidade mínima de dous días á semana, incluída a zona rural. Ademais de poder axudarlles nos seus recados e facilitar a compra na casa, se lles prestará asesoramento para trámites con distintas administracións e información sobre recursos dispoñibles segundo as necesidades detectadas.

Apoio emocional

Por outra banda, se desenvolverá un servizo de apoio emocional en casos de situacións de ansiedade e angustia, tendo en conta a enorme afectación do estado emocional e anímico que está a ter esta situación nas persoas de máis idade. Estas accións veranse reforzadas a través de envíos de mensaxes por SMS ou WhatsApp, que lles axuden a sentirse acompañados. Levaranse a cabo con aquelas persoas que dispoñan dos medios técnicos, e valoraranse pór a súa disposición estes medios naqueles casos que non sexa así.

Menores en risco

Así  mesmo,  acompáñanse aos menores en risco na superación de barreiras académicas, mediante un reforzo educativo así como para evitar a fenda dixital que poida afectar a súa aprendizaxe.

Formación Informática Básica

Esta formación trata de facilitar as ferramentas dixitais básicas para a mellora de competencias na comunicación coa administración electrónica: certificado electrónico, diferentes tipos de claves, cita previa en SERGAS, SEPE, Seguridade Social, etc.

Dirixido a maiores de 65 anos e a outros colectivos con carencias formativas.

As accións formativas tiveron lugar no centro de convivencia María Balteira e no Edificio de Novas Tecnoloxías.

Para dar desposta á actual fenda dixital, a ASC traballa para diminuir estas necesidades e seguir coa nosa tarefa compensatoria e adaptativa neste novo contexto pandémico.          

As formacións son as seguintes:

  • FIB Trámites Básicos
  • FIB Persoas + 65

Máis info

Lugo móvese cos maiores

Este programa facilita ás persoas maiores o reencontro co disfrute do tempo de lecer dunha maneira segura e responsable.

Inclúense entre as accións: XIMNASIA ao aire libre nas diferentes prazas da cidade, dende o pasado mes de abril , continuándose na actualidade ata finais do mes de agosto.

Así mesmo, organízanse RUTAS pola cidade e polo medio rural co fin de coñecer as características naturais e históricas, xunto coas curiosidades de interese dos espazos que visitan.

Unha maneira de coñecer o noso entorno, socializar e manter mente e corpo sás.

Máis info

Programación anual ASC 2021/2022

Preme aquí para acceder á información.

Máis info

Accións formativas para persoas migrantes

  • Accións de alfabetización e mellora de competencias nas linguas da sociedade de acollida.
  • Accións formativas dirixidas a acreditar o esforzo de integración.
  • Curso de coñecementos constitucionais e socioculturais de España.

Actividades de desenvolvemento comunitario

Organización de accións para o encontro de persoas, celebración de datas sinaladas de sensibilización sociocultural, parladoiros, mesas redondas, etc.

Directorio