Servizo complementario de xantar no fogar

Que é?

É un servizo complementario do de axuda no fogar, dirixido exclusivamente a usuarios e usuarias deste, que ten por obxecto a dispensa de comidas a domicilio a aquelas persoas dependentes que polas súas eivas físicas, mentais, socioeconómicas ou familiares teñan seriamente limitada a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social.

Como se presta o servizo?

A repartición das comidas faise un día á semana. O menú, adaptado ás necesidades dietéticas da persoa usuario, inclúe dous pratos, sobremesa, pan e lácteos.

Cales son os requisitos para acceder a este recurso?

  • Estar empadroado no Concello de Lugo
  • Ser usuario do Servizo Municipal de Axuda no Fogar
  • Ser dependente para algunha das actividades básicas da vida diaria que impida a realización das actividades que supoñen a preparación de comidas.

Como podo solicitar o servizo?

A través do/a traballador/a social que por zona me corresponda

+ Info Programa de axuda no fogar