Título do Proxecto: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións da Estación depuradora de augas residuais (EDAR) e a Estación de Tratamento de Auga potable (ETAP)de Lugo
Programa: Programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020
Medida 7. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de potabilización, depuración de augas residuais e desalación.
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)
MEMORIA DESCRITIVA DAS ACTUACIÓNS
1. IDENTIFICACIÓN E OBXECTO DA ACTUACIÓN
O obxecto desta actuación foi a mellora da eficiencia enerxética das instalacións da EDAR e ETAP de Lugo, actuando tanto na regulación electrónica dos motores en bombas como nos soplantes para a aireación do reactor biolóxico.
EDAR:
Na Estación Depuradora de Augas Residuais de Lugo contémplase a substitución das 5 turbosoplantes de aireación de biolóxico existentes, por unhas novas unidades máis eficientes enerxeticamente e axustadas ás necesidades reais de caudal de aire. Calcúlase que a mellora supoñerá un aforro enerxético total de 1.180 MWh/ ano.
ETAP:
Na Estación de tratamento de auga potable (ETAP) instaláronse de variadores de velocidade para as bombas de lavado de filtros, de auga bruta, de auga tratada, de compresores de aire de servizo e de auga rexenerada, que supoñerán un aforro de 1.364 MWh/ano.
1. DESCRICIÓN XERAL DO PROXECTO
1.1 DESCRICIÓN XERAL DAS INSTALACIÓNS AFECTADAS
- Nome da instalación: Estación de Tratamento de Auga Potable. ETAP de Lugo
- Inicio de funcionamento: 2010
- Censo da poboación abastecida: 98.268 hab.
- Caudal diario medio: 25.000 m³/d.
- Caudal deseño: 2.340m³/h (650 l/s)
- Nome da instalación: ESTACION DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR LUGO)
- Inicio de funcionamento: 2011
- Poboación deseño: 200.000 h.e.
- Caudal diario medio: 76.493 m³/d.
- Caudal medio: 3.187,22 m³/h - 885,34 l/s.
- Caudal punta: 4.130,53 m³/h - 1.147,37 l/s.
1.2 RESUMO DAS MEDIDAS EMPLEADAS
1.2.1 ETAP DE LUGO
Proponse a instalación de variadores de velocidade naqueles equipos de alto consumo que non dispoñen dunha regulación, co fin de axustar o seu réxime de funcionamento á demanda óptima e conseguir unha redución do consumo enerxético.
En concreto, os equipos aos que se lles propón a instalación dos variadores de velocidade están provistos de arrancadores suaves ou ben non teñen ningún elemento de control e axuste de arranques/paradas ou regulación de velocidade.
1.2.2 EDAR DE LUGO
Contémplase con actuación principal a substitución das 5 soplantes de aireación a biolóxico por 5 unidades de caudal máis acorde ás necesidades reais do proceso e con maior eficiencia enerxética á actual.
Estímase que a mellora supoñerá un aforro enerxético total de 1.180 MWh/ ano.
Así mesmo, contémplase a instalación de 3 variadores de frecuencia para o grupo de presión de auga industrial da planta.
1.1 PLANIFICACIÓN DA ACTUACIÓN PARA DESENVOLVER
O prazo para a execución das actuacións é de 9 meses, desde o momento da comunicación da adxudicación.
2. DETALLE PARA CADA MEDIDA DO PROXECTO
2.1 CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DA NOVA INSTALACIÓN
A continuación desenvólvense con maior detalle as actuacións para realizar en cada unha das instalacións:
ETAP LUGO
Os novos equipos, que se detallan a continuación, supoñerán un aforro enerxético de 1.364 MWh ao ano (con respecto á situación actual), que supón aproximadamente un 20% do consumo actual.
1. Variadores de velocidade para as bombas de lavado de filtros
2 ud. Convertidor de frecuencia
2. Variadores de velocidade para as bombas de auga bruta
4 ud. Convertidor de frecuencia
3. Variadores de velocidade para as bombas de auga tratada
5 ud. Convertidor de frecuencia
4. Variadores de velocidade para os compresores de aire de servizo
2 ud. Convertidor de frecuencia
5. Variadores de velocidade para as bombas de auga rexenerada
2ud. Convertidor de frecuencia
EDAR LUGO
Na actualidade existen 5 unidades de soplante a biolóxico sobredimensionadas polo cual opérase cunha única unidade en funcionamento para as 4 balsas, aliviando o exceso de aire por unha balsa baleira, e operando as 4 unidades restantes en reserva entrando en alternancia de forma regular ao longo do tempo.
Contémplase a substitución das 5 unidades actualmente instaladas.
Existen igualmente 3 equipos de bombeo pertencentes a un grupo de presión con sistema de arranque directo os cuales dotaranse da aparamenta necesaria para que operen gobernados por 3 variadores de frecuencia.
As novas unidades na EDAR supoñerán un aforro estimado de 1.184 MWh ao ano (con respecto á situación actual) e dotarán á instalación de maior capacidade de tratamento ao poder incorporar ao proceso de depuración a balsa que se opera na actualidade para aliviar o exceso de caudal.
Os novos equipos a instalar na ETAP supoñerán un aforro enerxético de 1.364 MWh ao ano (con respecto á situación actual), que supón aproximadamente un 20% do consumo actual.
2.2. CONSUMO E/OU PRODUCIÓN DE ENERXÍA EXPRESADO EN TÉRMINOS DE ENERXÍA FINAL
Calcúlase en consumo dos equipos instalados actualmente cos equipos propostos. Os consumos obtéñense a partir de información proporcionado polo servizo municipal: facturas compañía eléctrica, curvas de carga horaria, horas funcionamento, potencias.
CONSUMO INSTALACIÓN EXISTENTE |
Consumo anual enerxía eléctrica (kWh) |
ETAP |
6.995.648 kWh |
EDAR |
2.803.200 kWh |
CONSUMO INSTALACIÓN REHABILITADA |
Consumo anual enerxía eléctrica (kWh) |
ETAP |
5.628.809 kWh |
EDAR |
1.208.880 kWh |
O aforro na instalación da ETAP é de 1.366.839 kWh, o que supón un aforro do 19,54%.
O aforro na instalación da EDAR é de 1.594.320 kWh, o que supón un aforro 56,88%.
Aforro coste enerxético (€) |
Inversión elexible sen IVA (€) |
Axuda solicitada (€) |
Periodo de retorno simple SEN considerar axuda (anos) |
Periodo de retorno simple considerando a axuda (anos) |
216.183 € |
845.076,77 |
818.034,31 |
3,91 |
0,78 |
A axuda solicitada é o resultado da aplicación sobre o custo elixible da correspondente porcentaxe de cofinanciamento dos fondos FEDER.
Comunidade / Cidade Autónoma |
Coste elexible (€) |
Tasa de cofinanciación (%) |
Axuda solicitada (€) |
GALICIA |
1.022.542,89 |
80% |
818.034,31 |
2.3. INDICADORES DE PRODUCTIVIDADE
Redución do consumo de enerxía final en infraestruturas públicas ou empresas.
Infraest |
Consumo actual |
Consumo futuro |
Reducción consumo |
|
ETAP |
6.995.648 kWh |
5.628.809 kWh |
1.366.839 kWh |
0,11753 ktep/año |
EDAR |
2.803.200 kWh |
1.208.880 kWh | 1.594.320 kWh | 0,13709 ktep/año |
TOTAL REDUCIÓN CONSUMO: 0,25462 ktep/ano.
Redución de emisións de gases efecto invernadoiro.
Infraest | Consumo actual | Emisións actuais | Consumo futuro | Emisións futuras | Aforro emisións |
ETAP | 6.995.648 kWh | 3.644,73 tCO2 | 5.628.809 kWh | 2.932,61 tCO2 | 712,12 tCO2 |
EDAR | 2.803.200 kWh | 1.460,47 tCO2 | 1.208.880 kWh | 629,83 tCO2 | 830,64 tCO2 |
A redución total de emisións de GEI é de 1.542,76 tCO