IDAE - Instalación solar fotovoltaica de 33,3 kwp destinada a xeración eléctrica para autoconsumo no Edificio Administrativo do Concello de Lugo

 

 

Proxecto: INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA DE 33,3 KWP DESTINADA Á XERACIÓN ELÉCTRICA PARA AUTOCONSUMO NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DO CONCELLO DE LUGO

N.º de expediente: FEDER-EELL-2020-003823

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A PROXECTOS SINGULARES DE ENTIDADES LOCALES QUE FAVOREZAN O PASO A UNHA ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER DE CRECEMENTO SOSTIBLE 2014-2020

Medida n.º 15:  Instalacións eléctricas fotovoltaicas destinadas a produción de electricidade para autoconsumo

1. Descrición económica da axuda solicitada:

 

 2. DESCRICIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS

Obxeto do proxecto

INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA DE 33,3 KWP DESTINADA A XERACIÓN ELÉCTRICA PARA AUTOCONSUMO EN EDIFICIO ADMINISTRATIVO DO CONCELLO DE LUGO

Descrición xeral das actuacións realizadas

Instalación de 74 paneis solares TKA450M-108 de 450Wp,  asociados a 1 investidor trifásico de 30 kW/vde, marca HUAWEI, modelo SUN2000-KTL-M3, 12 módulos de baterías de almacenamento de ión-litio de 3,552 kWh Pylontech Powercube H2, con capacidade total de 42,624 kWh., co seu correspondente convertidor, un cargador de vehículo eléctrico marca Orbis, modelo VIARIS de 43kW, todo iso xestionado por un SCADA/HMI Estación metereolóxica

 

2.1 DESCRICIÓN INSTALACIÓNS MUNICIPAIS SOBRE AS QUE SE ACTÚA.

A instalación solar fotovoltaica realizouse na cuberta do edificio Administrativo Municipal que o Concello de Lugo posúe na Ronda da Muralla 197, 27001 LUGO.

A instalación solar sitúase sobre a cuberta do edificio, integrada de forma coplanar.

- Detalle xeral das actuacións realizadas:

O sistema de xeración fotovoltaica está formado por paneis fotovoltaicos instalados sobre estrutura de soporte dos paneis e investidor.

Instaláronse 74 paneis fotovoltaicos TKA450M-108 de 450Wp  fabricados en silicio monocristalino, situados sobre estrutura metálica integrada na cuberta de forma coplanar. Os paneis teñen unha potencia máxima de xeración de 450 W, o que supón unha potencia total máxima de 33,30 kW.

Instalouse 1 investidor HUAWEI modelo SUN2000-30KTL-M3 de 30 kW de potencia nominal en corrente alterna.

Instalouse un convertidor de baterías marca NORVENTO modelo nGM-50 de 50 kw de potencia nominal e un sistema de 12 módulos de baterías de almacenamento de ión-litio de 3,552 kWh Pylontech Powercube H2, con capacidade total de 42,624 kWh.

Instalouse  un cargador de vehículo eléctrico marca ORBIS modelo VIARIS 43 kW.

Todo o sistema é xestionado por un SCADA/HMI, especificamente deseñado por NORVENTO para este proxecto.

A potencia total de xeración do sistema fotovoltaico é de 33,30 kW, a potencia do investidor é de 30 kW e a acumulación en baterías de 42,624 kWh.

3. RESULTADOS ENERXÉTICOS

Estado despois da medida:

INSTALACIÓN 1: EDIFICIO ADMINISTRATIVO

Enerxía eléctrica importada de rede (kWh/ano)

388.289 kWh

Potencia nominal xerador fotovoltaico (kWp)

33,3 kWp

Tipoloxía de actuación

Fotovoltaica

Potencia nominal inversor (kW)

30 kW (1 unidad)

Capacidade nominal do acumulador (C10 en Ah)

42,624 kWh

Demanda enerxía eléctrica (kWh/día)

1.606,80 kWh/día

Enerxía total producida pola instalación (kWh/ano)

43.200 kWh

Enerxía eléctrica autoconsumida (kWh/ano)

43.200 kWh

Enerxía eléctrica vertida a rede (kWh/ano)

---

Enerxía eléctrica autoconsumida / Consumo enerxético antes da medida (%)

10,01  %

 

 

Indicadores:

INSTALACIÓN 1: EDIFICIO ADMINISTRATIVO

C030 Capacidade adicional de produción de enerxía renovable eléctrica (MW)

0,0333 MW

C034 Redución de emisións de GEI [tCO2 eq/ano]

22,51  tCO2

Multimedia