IDAE - Rehabilitacion da envolvente do Centro Social A Milagrosa, do Concello de Lugo

 

Proxecto: REHABILITACIÓN DA ENVOLVENTE DO CENTRO SOCIAL A MILAGROSA, DO CONCELLO DE LUGO

N.º de expediente: FEDER-EELL-2020-00384

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A PROXECTOS SINGULARES DE ENTIDADES LOCAIS QUE FAVOREZAN O PASO A UNHA ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER DE CRECEMENTO SOSTIBLE 2014-2020

Medida 1. Rehabilitación enerxética da envolvente térmica dos edificios municipais existentes.

1. Descrición económica da axuda solicitada:

 

2. DESCRICIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS

Obxeto do proxecto

REHABILITACIÓN DA ENVOLVENTE DO CENTRO SOCIAL A MILAGROSA, CONCELLO DE LUGO

Descrición xeral das actuacións realizadas

 

Son obxecto do proxecto as seguintes actuacións:

- Rehabilitación enerxética de fachadas.

- Rehabilitación enerxética de cubertas.

- Rehabilitación enerxética de xanelas e/ou lucernarios.

 

Preténdense as seguintes actuacións sobre a totalidade da envolvente do edificio:

- Substitución de carpintería.

- Illamento de fachadas polo exterior.

- Illamento de cubertas planas transitables.

- Illamentos de falsos teitos con la de vidro.

 

2.1 DESCRICIÓN INSTALACIÓNS MUNICIPAIS SOBRE AS QUE SE ACTÚA.

O solar onde se atopa o edificio obxecto da presente memoria correspóndese coa Referencia Catastral 7347001PH1674N0001XI, sen división horizontal; ten unha configuración rectangular e conta cunha superficie de 2.065 m2.

O edificio de configuración illada, conta cunha superficie en planta de 1.050 m², e conta con dúas alturas sobre rasante. O ano de construción é o 1.995. Conta cos servizos urbanísticos de: electricidade, acceso rodado, abastecemento de auga e rede de sumidoiros.

- Detalle xeral das actuacións realizadas:

FACHADAS

Rehabilitación enerxética de fachada, mediante sistema de fachada ventilada formado por panel composite Alucobond Plus, illamento de panel de la mineral, segundo UNE-EN 13162, de 40 mm de espesor, revestido por unha das súas caras cun veo negro, resistencia térmica 1,1 m²K/W, condutividade térmica 0,035 W/(mK)

Sistema de illamento térmico polo exterior tipo SATE PROSYSTEM de BAUMIT ou equivalente, mediante adhesión de placas de poliestireno expandido EPS, 15 a 18 kg/m3 e de 80 mm de espesor StarTherm (gris) con lamba =0,032W/mK.

CARPINTERÍAS

Como actuacións previas prevese a substitución completa de xanelas, portas e acristalamentos de todo o edificio, incluíndo os vierteaguas. Dobre acristalamento Climalit e espesor total 24 mm 4/14/3 3, formado por:

· 4mm (vidro baixo emisivo).

· 14mm (cámara de aire deshidratado).

· 3 3 vidro lamelado acústico e de seguridade.

Dobre selado perimetral e perfil separador aluminio.

CUBERTAS

Illamento la mineral 80 mm de espesor, resistencia térmica 2 m²K/W, condutividade térmica 0,042 W/(mK). Impermeabilización: bicapa composta por lámina de betume modificado. Solado con baldosa.

FALSOS TEITOS

Illamento sobre falso teito de placas 40 mm de espesor, resistencia térmica 1,1 m²K/W, condutividade térmica 0,035 W/(mK).

CANALÓNS E BAIXANTES

Procederase á substitución completa dos elementos de recollida de augas empregando os novos elementos:

1. Canlón cadrado de aceiro lacado cor a elixir por D.F., de desenvolvemento 250 mm, para recollida de augas, formado por pezas preformadas.

2. Baixante pluvial de sección rectangular de 100 mm de lado realizado en chapa de aceiro galvanizado e lacado en cor a elixir.

3. RESULTADOS ENERXÉTICOS

EDIFICIO: CENTRO SOCIAL A MILAGROSA

Combustible principal

Electricidad

Consumo anual combustible principal (kWh/m²año)

49,60

Consumo enerxético combustible principal (kWh/año)

102.424

Outro combustible  (kWh/m²año)  (electricidade iluminación)

----

Consumo enerxético outro combustible (kWh/año)

----

Consumo enerxético total (kWh/año)

102.424

Emisións de CO2 por consumo eléctrico (kgCO2/m2 año)

33.99

Emisións de CO2 por outros combustibles (kgCO2/m2 año)

----

Calificación enerxética

C

Consumo enerxía primaria non renovable (kWh/m2 año)

49,60

Emisións CO2 (kg/m2 año)

33.99

Demanda (kWh/m2)

49,60

 

Indicadores:

EDIFICIO: CENTRO SOCIAL A MILAGROSA

C032 Redución do consumo anual de enerxía primaria en edificios públicos [kWh/ano]

97.529,95

C034 Redución de emisións de GEI [tCO2eq/ano]

36.344

Multimedia