IDAE - Rehabilitación do Centro Social de Fingoi, do Concello de Lugo

 

Proxecto: REHABILITACIÓN DO CENTRO SOCIAL DE FINGOI, DO CONCELLO DE LUGO

N.º de expediente: FEDER-EELL-2020-003833

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A PROXECTOS SINGULARES DE ENTIDADES LOCAIS QUE FAVOREZAN O PASO A UNHA ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER DE CRECEMENTO SOSTIBLE 2014-2020

Medida 1. Rehabilitación enerxética da envolvente térmica dos edificios municipais existentes.

Descrición económica da axuda solicitada:

 

 

2. DESCRICIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS

Obxeto do proxecto

REHABILITACIÓN DO CENTRO SOCIAL DE FINGOI, CONCELLO DE LUGO (LUGO)

Descrición xeral das actuacións realizadas

 

Son obxecto do proxecto as seguintes actuacións:

- Rehabilitación enerxética de fachadas.

- Rehabilitación enerxética de cubertas.

- Rehabilitación enerxética de xanelas e/ou lucernarios.

 

Preténdense as seguintes actuacións sobre a totalidade da envolvente do edificio:

- Substitución de carpintería.

- Illamento de fachadas polo exterior.

- Illamento de cubertas planas transitables.

- Illamentos de falsos teitos con vidro.

 

 2.1 DESCRICIÓN INSTALACIÓNS MUNICIPAIS SOBRE AS QUE SE ACTÚA.

O solar onde se atopa o edificio obxecto da presente memoria correspóndese coa Referencia Catastral 8020013PH1682N; ten unha configuración rectangular e conta cunha superficie en planta de 1.479 m2 m².

O solar atópase situado na zona periférica da cidade, xunto a edificacións onde predomina a tipoloxía de vivenda unifamiliar illada.

- Detalle xeral das actuacións realizadas:

FACHADAS

Como actuacións previas realizáronse:

1. Desmonte de baixante exterior vista de aluminio, de 250 mm de diámetro máximo, con medios manuais, e carga manual sobre camión ou contedor.

2. Desmonte de canalón visto de aluminio, de 250 mm de desenvolvemento máximo, con medios manuais, e carga manual sobre camión ou contedor.

3. Desmonte e montaxe de todas aquelas instalacións situadas en fachada que entorpezan e/ou puidesen deteriorarse durante a execución dos traballos de rehabilitación, tales como redes eléctricas, pérgola en alzado Oeste, aparellos de aire acondicionado, apliques, etc., con medios manuais, e recuperación.

En fachadas executouse un sistema de illamento térmico polo exterior tipo SATE.

CARPINTERÍAS

Como actuacións previas prevese a substitución completa de xanelas, portas e acristalamentos de todo o edificio, incluíndo os vierteaguas.

CUBERTAS

Realizásense operacións de rehabilitación nas cubertas planas existentes do edificio, demolendo integramente as existentes e substituíndoas por unha nova cuberta plana transitable non ventilada de tipo investida.

CANALÓNS E BAIXANTES

Procederase á substitución completa dos elementos de recollida de augas empregando os novos elementos:

1. Canalón cadrado de aceiro lacado cor a elixir por D.F., de desenvolvemento 250 mm, para recollida de augas, formado por pezas preformadas.

2. Baixante pluvial de sección rectangular de 100 mm de lado realizado en chapa de aceiro galvanizado e lacado en cor a elixir.

3. RESULTADOS ENERXÉTICOS

EDIFICIO 1: CENTRO SOCIAL FINGOI

Combustible principal

Gasoleo-C

Consumo anual combustible principal (kWh/m²año)

81,01 (CALEFACCIÓN)

Consumo enerxético combustible principal (kWh/año)

101.424,52

Outro combustible  (kWh/m²año)  (electricidade iluminación)

58,62 (electricidade iluminación)

Consumo enerxético outro combustible (kWh/año)

73.392,24

Consumo enerxético total (kWh/año)

174.816,76

Emisións de CO2 por consumo eléctrico (kgCO2/m2 año)

9,93

Emisións de CO2 por outros combustibles (kgCO2/m2 año)

21,37

Calificación enerxética

C

Consumo enerxía primaria non renovable (kWh/m2 año)

139,6

Emisións CO2 (kg/m2 año)

31,3

Demanda (kWh/m2)

56,1

 

Indicadores:

EDIFICIO 1: CENTRO SOCIAL DE FINGOI

C032 Redución do consumo anual de enerxía primaria en edificios públicos [kWh/ano]

53.660,72

C034 Redución de emisións de GEI [tCO2 eq/ano]

11,3

 

 

+ info

Multimedia