IDAE - Instalación solar fotovoltaica destinada á xeración eléctrica para autoconsumo no Edificio da Policía Local, propiedade do Concello de Lugo

Proxecto: INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADA Á XERACIÓN ELÉCTRICA PARA AUTOCONSUMO NO EDIFICIO DA POLICÍA LOCAL, PROPIEDADE DO CONCELLO DE LUGO

N.º de expediente: FEDER-EELL-2020-003829

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A PROXECTOS SINGULARES DE ENTIDADES LOCALES QUE FAVOREZAN O PASO A UNHA ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER DE CRECEMENTO SOSTIBLE 2014-2020

Medida n.º 15:  Instalacións eléctricas fotovoltaicas destinadas a produción de electricidade para autoconsumo

1. Descrición económica da axuda solicitada:

 

2. DESCRICIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS

Obxeto do proxecto

INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADA Á XERACIÓN ELÉCTRICA PARA AUTOCONSUMO NO EDIFICIO DA POLICÍA LOCAL, PROPIEDADE DO CONCELLO DE LUGO

Descrición xeral das actuacións realizadas

Instalación de 104 paneis solares fotovoltaicos SUNPOWER MAX3-400-COM de 400 Wp, asociados a dous investidores trifásicos, un de 30 kW e outro de 20 kW, marca HUAWEI, modelo SUN2000-33KTL-M3 e SUN2000-20KTL-M2 , baterías de ión-litio da Pylontech Powercube H2 con capacidade de 42,62 kWh, co seu correspondente convertidor, un cargador de vehículo eléctrico marca Orbis, modelo VIARIS, CITY de 43kW, todo iso xestionado por un SCADA/HMI Estación metereolóxica

 

2.1 DESCRICIÓN INSTALACIÓNS MUNICIPAIS SOBRE AS QUE SE ACTÚA

Instalación solar fotovoltaica destinada á xeración eléctrica para autoconsumo sen acumulación con venda de excedente e con sistema de medición e rexistro de potencia e datos solares na cuberta do edificio da Policía Local situado na Rúa de Artes, 35 27002 Lugo.

- Detalle xeral das actuacións realizadas:

O sistema de xeración fotovoltaica está formado por paneis fotovoltaicos instalados sobre estrutura de soporte dos paneis e investidor. Instaláronse 104 módulos fotovoltaicos, que están formados por un conxunto de células fotovoltaicas conectadas eléctricamente entre si, que como se comentou no apartado descrición do efecto fotoeléctrico, son as encargadas de transformar a radiación solar en enerxía eléctrica. O módulo elixido para a execución deste proxecto é o SUNPOWER MAX3-400-COM de 400 Wp. O grupo xerador fotovoltaico está formado pola interconexión en serie e paralelo dun determinado número de módulos fotovoltaicos, que son os encargados de captar a luz do sol e transformala en enerxía eléctrica, xerando unha corrente continua proporcional á radiación solar recibida. Os módulos están fabricados segundo normativa vixente en Europa, certificados baixo IEC61215, IEC61730, UL1703, TUV, IEC e CE, e dotados co selo de calidade e homologado na súa fabricación.

Instalouse un investidor HUAWEI modelo SUN2000-30KTL-M3 de 30 kW de potencia nominal en corrente alterna, e outro investidor Huawei SUN2000-20KTL-M2.

Instalouse un convertidor de baterías marca NORVENTO modelo nGM- Gridmaster on-grid de 50 kW de potencia nominal e un sistema de acumulación en baterías de 42 kWh.

Instalouse un cargador de vehículo eléctrico marca ORBIS modelo VIARIS CITY 43 kW 3x63A.

Todo o sistema é xestionado por un SCADA/HMI, especificamente deseñado por NORVENTO para este proxecto.

A potencia total de xeración do sistema fotovoltaico é de 40 kW, a potencia do investidor é de 40 kW e a acumulación en baterías de 42  kWh.

3. RESULTADOS ENERXÉTICOS

INSTALACIÓN: POLICIA LOCAL LUGO

Enerxía eléctrica importada de rede (kWh/año)

219.185 kWh

Potencia nominal xerador fotovoltaico (kWp)

41,6 kWp

Tipoloxía de actuación

Fotovoltaica

Potencia nominal inversor (kW)

1 unidad 30 kW , 1 unidad 20 kW

Capacidade nominal do acumulador (C10 en Ah)

42,624

Demanda enerxía eléctrica (kWh/día)

600,51  kWh/día

Enerxía total producida pola instalación (kWh/año)

54.700 kWh

Enerxía eléctrica autoconsumida (kWh/año)

54.700 kWh

Enerxía eléctrica vertida á rede (kWh/año)

---

Enerxía eléctrica autoconsumida / Consumo enerxético antes da medida (%)

19,97   %

 

 

Indicadores:

MUNICIPIO: LUGO

INSTALACIÓN 1: POLICIA LOCAL LUGO

C030 Capacidade adicional de produción de enerxía renovable eléctrica (MW)

0,04144 MW

C034 Redución de emisións de GEI [tCO2 eq/ano]

27,09 tCO2

Multimedia