Actualidade

Venres, 20 de marzo de 2026
O Concello de Lugo reparará un colector na Ronda das Fontiñas e activará un plan de tráfico na zona

Os traballos comezarán o luns 23 de marzo e terán unha duración estimada de 10 días, o que implicará restricións de circulación na contorna.

A actuación permitirá resolver unha incidencia na rede municipal de saneamento nun dos principais eixos viarios da cidade.

Venres, 20 de marzo de 2026
O Goberno local amplía a 180.000 euros a partida para as asociacións de Lugo de recreación histórica do Arde Lvcvs, que como novidade poderán percibir o 90% da contía por adiantado

A orzamento para estes colectivos supón o 43% do presuposto municipal destinado á festa, axudas que este ano deberán tramitar a través de subvencións nominativas.

Poderán xustificarse, de acordo á lexislación vixente, gastos por traslado e compra de materiais; montaxe e desmontaxe de campamentos; dietas; seguros; actividades divulgativas ou adquisición de vestiario de recreación histórica, entre outros.

O edil de Xuventude, Jorge Bustos, sinala que “ampliar a contía destinada ás asociacións que participan no Arde Lvcvs demostra o noso compromiso con elas e por seguir mellorando a festa”.

Xoves, 19 de marzo de 2026
Rubén Arroxo e Cristina López visitan o curso de restauración de mobles no barrio da Ponte, que conta cunha ampla participación veciñal

A formación céntrase na aprendizaxe de técnicas básicas para recuperar e conservar mobles, desde a preparación de superficies ata a reparación de pequenos desperfectos

A concelleira de Participación destaca a aposta por achegar formación útil ao rural e fomentar as xuntanzas nas parroquias

Xoves, 19 de marzo de 2026
Arrancan as obras de reparación do firme de Fermín Rivera que executa o Concello de Lugo

O alcalde supervisou a marcha dos traballos, que consisten no arranxo das fochancas ao longo da calzada, para garantir a seguridade do tráfico rodado e peonil nesta vía.

Mércores, 18 de marzo de 2026
A Tenencia de Alcaldía impulsa novas actuacións de mantemento para mellorar a imaxe do alumeado público

Alexandre Penas: "Trátase dunha actuación que realizamos periodicamente e que mellora enormemente a imaxe dun elemento que se pode atopar por todas as rúas de Lugo".

Durante os últimos anos, o Goberno de Lugo renovou gran parte da rede de alumeado público de Lugo, "apostando polas luminarias LED que reducen o consumo eléctrico".

Mércores, 18 de marzo de 2026
O +XTi reforza a súa programación con música urbana e unha proposta innovadora de prevención do xogo en Lugo

O programa, impulsado polo Concello de Lugo coa colaboración do Plan Nacional sobre Drogas, incorpora novas actividades que combinan lecer, formación e sensibilización.

“Queremos ofrecer alternativas atractivas, pero tamén acompañar á mocidade en cuestións clave como o benestar e a prevención”, destaca o edil Jorge Bustos.

Mércores, 18 de marzo de 2026
O Goberno Local reforza á Policia Local con seis novos vehículos patrulla

O contrato permitirá renovar e modernizar a flota municipal con vehículos máis eficientes e seguros.

Inclúe seis SUVs híbridos con etiqueta ECO e mantemento integral durante cinco anos.

“Non se trata só de renovar vehículos, senón de garantir que a Policía Local conte cos mellores medios para prestar un servizo de calidade”, destaca o alcalde, Miguel Fernández.

Mércores, 18 de marzo de 2026
Éxito de participación no networking de Aelu organizado pola área municipal de Muller e Igualdade no Impulso Verde

A xornada de traballo, á que asistiron unhas trinta persoas no Impulso Verde, serviu para fomentar sinerxías entre empresarias de distintos sectores e compartir experiencias.

A concelleira Ángeles Novo agradeceu a Aelu a súa implicación nestas actividades e puxo ao colectivo como “exemplo de referencia do talento feminino que hai na nosa cidade”.

Dada a boa acollida deste encontro empresarial e doutras actividades realizadas en colaboración con Aelu, se estudian novas iniciativas dirixidas a mulleres emprendedoras.

Mércores, 18 de marzo de 2026
O Concello de Lugo realizará traballos de limpeza na Volta da Viña e activará un dispositivo de tráfico na zona

A actuación levarase a cabo o venres 20 de marzo en horario de mañá e implicará restricións puntuais de circulación no acceso desde a N-6.

Os traballos permitirán retirar terra e pedras desprendidas dun noiro, garantindo a seguridade viaria neste punto.