Obradorio de emprego "ARQUIVALUGO"

O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Dinamización Económica que dirixe Mauricio Repetto, porá en marcha un obradoiro de emprego especializado no deseño gráfico, o desenvolvemento web e os procesos de dixitalización. A través desta ambiciosa iniciativa de tipo formativo, as persoas participantes poderán adquirir competencias en tres especialidades con gran demanda no mercado laboral. Baixo o nome de “ArquivaLugo”, Desenvolvemento Local oferta un total de 20 prazas, oito para a especialidade de operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, seis para á de confección e publicación de páxinas web e outras tantas para a de deseño de produtos gráficos. Durante o proceso formativo, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia, o estudantado terá a oportunidade de recuperar dixitalmente 87 libros de Actas Consistoriais pertencentes á segunda metade do século XVIII e á segunda metade do XIX. Nunha segunda fase, xa máis avanzado o obradoiro, e cun coñecemento máis especializado, tratarase de realizar a dixitalización e posta en valor de licenzas de obras particulares anteriores a 1950, que se atopan actualmente situadas no Arquivo Histórico Provincial.

Incentivos á contratación dos alumnos traballadores do obradoiro

  • Bases xerais reguladoras da subvención por incentivos á contratación dos alumnos traballadores do obradoiro dual de emprego Arquivalugo | Descargar pdf
  • Anexo I | Descargar pdf
  • Anexo II | Descargar pdf