A alcaldesa Paula Alvarellos supervisa as tarefas de acondicionamento do circuíto municipal Jorge Prado como sede do campionato do Mundo de Motocrós

Os traballos realizados na dotación inclúen a adecuación dos accesos, a instalación da infraestrutura para a xestión de residuos, parte do subministro eléctrico para as tarefas auxiliares e o desbroce de toda a contorna.

“Grazas a iniciativa do Goberno local de facer realidade este circuíto, Lugo será capital mundial do motocrós coa consecuente dinamización da nosa economía en termos de afluencia turística e consumo asociado a este evento”, sinalou Alvarellos.

A rexedora valorou o compromiso do Club Motopark como responsables da xestión do circuíto Jorge Prado por proporcionar un escenario de clase mundial.

Martes, 07 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos supervisa as tarefas de acondicionamento do circuíto municipal Jorge Prado como sede do campionato do Mundo de Motocrós

A alcaldesa de Lugo Paula Alvarellos, acompañada pola edila responsable de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, supervisou esta mañá as tarefas de acondicionamento que se están levando a cabo na contorna do circuíto Jorge Prado de cara a proba do campionato do mundo de motocrós que esta instalación municipal acolle a vindeira fin de semana. Os traballos realizados na dotación inclúen a adecuación do accesos, a instalación da infraestrutura para a xestión de residuos, parte do subministro eléctrico para as tarefas auxiliares e o desbroce de toda a contorna.

“A historia deste circuíto é a historia do noso compromiso co deporte. Cando desde o Goberno local puxemos en marcha esta dotación apostamos decididamente por que Lugo sexa unha cidade referencia, con capacidade para acoller competicións nacionais e internacionais, nunha modalidade deportiva en auxe grazas, en boa medida, aos éxitos logrados polo noso piloto Jorge Prado nos últimos anos. Coa celebración desta proba do campionato do mundo, o noso obxectivo está a cumprirse. Os próximos días a nosa cidade será capital mundial do motocrós coa consecuente dinamización da nosa economía en termos de afluencia turística e consumo asociado a este evento”, sinalou a rexedora.

Alvarellos Fondo, acompañada por persoal da organziación da proba comprobou in situ o avance das tarefas que se executaron nos últimos días no circuito e puxo en valor o estado da instalación municipal. Neste sentido, a alcaldesa agradeceu o traballo dos organizadores e valorou o compromiso do Club Motopark como responsables da xestión do circuíto Jorge Prado por proporcionar un escenario de clase mundial para que os mellores pilotos do mundo demostren as súas habilidades.

Multimedia

  • A alcaldesa Paula Alvarellos supervisa as tarefas de acondicionamento do circuíto municipal Jorge Prado como sede do campionato do Mundo de Motocrós

Noticias relacionadas