Axenda

Do 13 ao 19 de novembro de 2026

Boletín de información cultural emitido o 12 de novembro de 2026

Programación de outubro a decembro de espectáculos de teatro, maxia e danza

Actualidade

Xoves, 12 de novembro de 2026
A alcaldesa aborda co novo conselleiro de Medio Ambiente os proxectos de saneamento de Esperante, a Protectora e o parque canino de Fontiñas

O encontro institucional serviu para compartir información sobre estas actuacións municipais, que se atopan en distintas fases de tramitación e execución

Xoves, 12 de novembro de 2026
O concello amplía a apertura das instalacións deportivas municipais aos domingos pola tarde

O polideportivo de O Palomar abrirá este domingo, 15 de novembro, en horario de tarde, acollendo competicións oficiais de fútbol sala e baloncesto

Xoves, 12 de novembro de 2026

O contrato permitirá realizar un diagnóstico da situación do persoal municipal e definir medidas en materia retributiva, promoción profesional, formación e conciliación.

Mércores, 11 de novembro de 2026
A alcaldesa de Lugo reúnese con AGAFAN para informar dos cambios na ordenanza do IBI que afectan ás 1.269 familias numerosas do concello

As modificacións aprobadas no Pleno de outubro manteñen as bonificacións do 30 % e do 50 % na vivenda habitual e incorporan unha regulación específica para os casos de separación ou divorcio

Mércores, 11 de novembro de 2026
O Concello de Lugo programa obradoiros de prevención de adiccións con e sen substancia para alumnado de Primaria e Secundaria e sesións para familias

A programación aborda cuestións como o consumo de alcohol, tabaco e cannabis, as apostas, os videoxogos e as redes sociais, con actividades adaptadas a cada idade

Mércores, 11 de novembro de 2026
O Concello licita a redacción do proxecto para construír tres novas pistas cubertas de petanca no parque de Frigsa

A actuación responde á demanda dos clubs Petanca Lugo e Petanca Muralla, así como de particulares que utilizan estas instalacións e solicitan espazos cubertos para practicar este deporte durante todo o ano.

Martes, 10 de novembro de 2026
O Concello de Lugo reforza a súa colaboración coa AECC para o IV Congreso de Persoas con Cancro

O Concello de Lugo intensifica o apoio que vén prestando á Asociación Española Contra el Cáncer co gallo do IV Congreso Galego de Persoas con Cancro e os seus familiares, que este sábado día 14 de novembro acolle o auditorio Fuxan Os Ventos.

Martes, 10 de novembro de 2026
O cemiterio de San Froilán propón unha viaxe teatralizada polas personaxes máis peculiares da historia lucense

A visita, a cargo do grupo Achádego, celebrarase o domingo 15 de novembro ás 17.30 horas e será gratuíta, con 50 prazas dispoñibles

Martes, 10 de novembro de 2026
Sete auxiliares administrativos toman posesión dos seus postos no Concello de Lugo

A alcaldesa, Elena Candia, participou no acto de toma de posesión e deulles a benvida ás novas empregadas públicas: tres ocuparán prazas interinas e catro incorpóranse como funcionarias de carreira.