Actualidade

Venres, 09 de xuño de 2023
O primeiro Arde Lvcvs internacional inicia este sábado a conta atrás para a celebración da súa XXII edición

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convida á cidadanía a asistir ao Natalicio, o acto de partida dos festexos que se celebrará mañá na praza de Santa María, a partir das 20:30 horas.

Nove asociacións organizan o evento que, alén da narración histórica, a ofrenda aos deuses e o desfile ata a Mosqueira, incorpora como novidade a posta en escena de tres obras de teatro.

A música de Abrahám Cupeiro será o fío condutor de todo o relato no que tamén se poderá escoitar o himno Calendis de José María Núñez interpretado polo Orfeón Xoán Montes e a Coral Ecos do Miño.

Venres, 09 de xuño de 2023

O circuíto conta con seis carreiras que aglutinan diferentes percorridos e distancias, con retos para todas as idades.

 
Xoves, 08 de xuño de 2023
Expertos de 6 países celebran a primera reunión do proxecto Interreg GIFT, centrado nas infraestruturas verdes, no edificio Impulso Verde

O proxecto europeo Green Infrastructure for Forest and Trees elixiu Lugo como sede para o seu 1º encontro polo interese das actuacións executadas no marco do Lugo+Biodinámico.

Os participantes coñeceron ‘in situ’ o novo inmoble da Garaballa, semente do primeiro barrio multiecolóxico do municipio, e tamén visitaron o bosque urbano das Gándaras.

O proxecto está liderado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) e ten como socios a 10 entidades de seis nacións: Paises Baixos, Bélxica, Suecia, Eslovenia, Italia e Letonia.

“Que Lugo e, nomeadamente, o Impulso Verde sexa a sede desta reunión denota a importancia que ten este edificio para a cidade”, destacou Lara Méndez.

Mércores, 07 de xuño de 2023

As actividades, abertas e gratuítas a toda a xuventude, terán lugar os mércores 5, 12 e 19 de xullo, en horario de 17.00h a 21.00h, en diferentes prazas da cidade.

O sábado 22 de xullo está previsto teña lugar no Parque Rosalía de Castro un campionato de street workout.

Mércores, 07 de xuño de 2023

A concesión se outorga por un prazo de dous anos, prorrogabales até os dez, e o importe da súa explotación se mantén, como hai máis dunha década, en 1.500 euros/mes.

 
Martes, 06 de xuño de 2023
A área de Xuventude busca implicar á mocidade nunha iniciativa para embelecer espazos vinculados co ocio xuvenil

O programa colaborativo está aberto á veciñanza de 14 a 35 anos de idade. Inscricións abertas a través das contas info@educohabitar.com e espaciolupaarte@gmail.com.

A actividade, de balde, dará comezo o día 10 de xuño e desenvolverase ao longo dos meses de xuño e xullo.

As sesións terán lugar en xuño, os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h e en xullo, os venres e sábados de 11.00 a 14.00 h.

Martes, 06 de xuño de 2023
A área de Benestar reedita o programa Aulas Abertas con medio millar de prazas para favorecer a conciliación familiar este verán

Os meses de xullo e agosto os centros de convivencia desenvolverán durante as mañás actividades de entretemento para crianzas de entre 4 a 11 anos.

Na zona rural a prestación porase en marcha baixo un sistema a demanda, tratando de adaptarse ás necesidades detectadas.