Actualidade

O orzamento máximo para a primeira anualidade ascende aos 50.820 euros.
O contrato terá unha duración de 2 anos, prorrogables por períodos anuais, por outros 2 ate chegar ás 4 anualidades.

A intervención, enmarcada no programa Muramiñae, persegue aumentar a eficiencia das instalacións e a seguridade cidadá e diminuír os consumos e a contaminación ambiental.
O Concello actuará nos espazos que dan servizo á pista de patinaxe, á caseta de xardinería, ao mapa da Península, o estanque e tamén nas propias Costas do Parque.
A rexedora sinalou que “o proxecto servirá, así mesmo, para poñer en valor puntos singulares do recinto considerado contorna de protección patrimonial”.
Ademais de incrementar o número de dotacións, os puntos de luz actuais, cun alto valor decorativo, serán restaurados substituíndo a tecnoloxía por outra máis moderna.
A alcaldesa explicou que en cada un dos centros de mando se implantará unha plataforma de xestión intelixente co fin de monitorizar o gasto de enerxía e detectar anomalías.
A intervención, en proceso de licitación, disporá dun orzamento municipal de 240.020 € e un prazo de execución de dous meses.
Para erradicar a presenza de Pseudomonas, frecuente na natureza e especialmente en ambientes húmidos, a área de Medio Ambiente está a realizar un tratamento de choque no conxunto das instalacións.
Tras unha nova toma de mostras este xoves, se agarda poder abrir o recinto ao público como moi tarde o luns. Ata ese momento, non será posible realizar novas reservas.



A alcaldesa, Lara Méndez, puxo en valor a obra chamada a ser un novo reclamo turístico e cultural da capital.
O mural pasa a integrarse, así, no conxunto de espazos públicos rexenerados a través da arte urbana como a rúa do Esquecemento, As Casas Sindicais ou a Praza da Liberdade.
Para a súa construción, o autor, Manuel Pallín, contou co asesoramento da directora do Museo Provincial de Lugo e do arqueológo municipal.

O 23 e 30 de xuño e o 7 de xullo a Horta do Seminario acollerá estas xornadas en horario de 11.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 21.00 h.
Avaliarase a calidade de condución que realiza a persoa que vai ao volante co propósito de reducir o número de accidentes de tráfico derivados dos excesos.
A actividade inclúe un percorrido por diferentes vías e un proceso de formación onde se explica a cada participante cáles son os defectos que debe corrixir.

A alcaldesa, Lara Méndez, recibiu este mércores nestas dependencias municipais a Pilar Alegría, quen coñeceu de primeira man o traballo que se está a desenvolver no centro.
Méndez: “Ademais dos programas de formación que impulsamos, asesoramos a máis de 200 emprendedores, axudando a poñer en macha 81 empresas nos últimos 4 anos”.
“No ámbito municipal non adoita haber este tipo de iniciativas, con tanta potencialidade como o CEI Nodus, e por eso quero darlle a noraboa ao concello”, subliñou a ministra.
Como remate da xornada, fíxose entrega dun recoñecemento aos sete proxectos finalistas do reto do Tour do Talento “Lugo a cidade que imaxinas e na que queres vivir”.

Con esta actividade preténdese fomentar o consumo cero ao volante, ao mesmo tempo que sensibilizar e fomentar conductas seguras e responsables coa conducción.
A actividade terá lugar os venres 2, 9 e 16 de xuño en horario das 14.00 ás 22.00h na Praza Horta do Seminario. É aberta, gratuíta e non require de inscrición.

O curso, que é gratuíto, desenvolveranse o 3 e 4 de xuño, e está dirixido a lucenses maiores de 14 anos, empadroados en Lugo.
Existen 8 prazas e a inscrición debe realizarse do 25 ao 28 de maio ata cubrir prazas, a través da web lugomasxti.org.
Os participantes que superen este curso terán a oportunidade de participar como DJs nun evento real para unhas 500 persoas que terá lugar o 17 de xuño.