Actualidade

O Concello lucense é o único ente municipal do país presente na conferencia de alto nivel europeo, que estes días reúne en Lituania a máis de 120 representantes internacionais.
Lugo estará presente nas conferencias políticas nas que se exporán proxectos líderes para ir preparando unha recuperación verde e ecolóxica deste pais agora en guerra.
A rexedora espera que “os traballos e a experiencia da nosa cidade sirvan para asentar as bases e afrontar os retos que Ucraína ten por diante cando poida iniciar un futuro en paz”.
A estratexia LIFE, coa que Lugo deseña as urbes sostibles do futuro e aplica solucións verdes en zonas xa edificadas, e o edificio Impulso Verde tiveron gran protagonismo.
O público obxectivo da conferencia na que interveu Lugo foron arquitectos, contratistas e empresarios de quen se espera que participen efectivamente no proceso de reconstrución.

A alcaldesa de Lugo fixará co tecido asociativo as datas de diferentes reunións nas que informará sobre os próximos pasos a dar para obter a declaración desta zona como Entorno Residencial de Rehabilitación Programada.
Nos encontros, a rexedora e o equipo redactor trasladarán os detalles das actuacións propostas, para cuxo deseño definitivo se terán en conta as achegas realizadas polos colectivos.


O parque, que incrementou a súa superficie en 250m2, conta con elementos inclusivos, tamén para nenos e nenas con trastorno de espectro autista.
Lara Méndez destacou “o compromiso do executivo municipal coa creación de espazos seguros e de lecer para o desenvolvemento dos máis pequenos”.
O recinto contempla, ademais, espazos para a convivencia interxeracional entre os que figura a área de picnic, respectando as demandas das familias.

As catro iniciativas, presentadas hoxe pola alcaldesa de Lugo, forman parte da proposta para declarar como Entorno Residencial de Rehabilitación Programada á Milagrosa e a súa contorna.
O custo conxunto estimado das intervencións é de 10.730.707 € e implicaría tamén afrontar expropiacións por valor de 8’5 M € para crear a zona verde do barrio Feijoo.
“Falamos de actuacións de gran calado que converterán estes barrios nun foco de atracción de xente moza e familias, un paso máis na transformación da cidade cara o modelo sostible no que traballo dende que son rexedora”, afirmou Méndez.
O proxecto elaborado por GAU inclúe tamén outras accións en rúas interiores para transformar os espazos existentes como a creación de diferentes bolsas de estacionamento.
No eido privado, en todo o ámbito computáronse 1.025 edificios, dos que 931 teñen uso residencial, o que supón o 90,84% do parque inmobiliario.
Dos 86 edificios analizados a propiedade de 69 estaría interesada en acollerse ao ERRP. Son en total 353 vivendas cuxa rehabilitación ascendería a 8.873.261 euros.

O xoves 30 a partir das 18:00 o Vello Cárcere acollerá ao Coro do Hospital de Lugo e á coral vocal Lugh.
Ferreiro: “o aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade é unha das datas máis importantes para Lugo”.



A exposición é un traballo colectivo para conmemorar os 10 anos de Mil cores, un colectivo artístico creado na cidade de Lugo.
Maite Ferreiro resaltou“a importancia que teñen os colectivos de Lugo á hora de seguir creando artistas locais”.
A mostra estará aberta ao público dende o 24 de novembro ao 6 de xaneiro.

A alcaldesa pide avanzar na protección das mulleres contra as agresións sexuais, en aumento desde 2019 e a fenda salarial, que ainda supera o 18%.
Pide reforzar as medidas de conciliación, onde a porcentaxe de excedencias solictadas para coidados de familiares recaen nun 85% nas mulleres.
A rexedora, que estivo acompañada pola responsable da área de Cohesión Social, Ana González Abelleira, alertou da ameaza que supoñen para esta causa as opcións negacionistas.