Actualidade

Xoves, 01 de xuño de 2023

A rexedora anunciou que se substituirán as luminarias actuais por outras de tipo led, o que suporá un importante aforro no consumo.

Lara Méndez: “Queremos seguir avanzando no noso modelo de cidade e iso implica apostar por actuacións que impliquen un aforro enerxético e de emisións contaminantes”.

Estas obras levaranse a cabo no marco da estratexia DUSI Muramiñae, dentro do obxectivo temático 4, que busca favorecer a transición cara unha economía baixa en carbono.

Xoves, 01 de xuño de 2023
A concellería de Xuventude lanza unha campaña de sensibilización sobre o abuso do consumo de alcohol no mes de xuño, con diferentes puntos informativos na cidade

O primeiro punto de encontro da campaña informativa de sensibilización será o sábado 3 de xuño, no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, de 17:30 a 20:30 h.

O Concello segue apostando pola concienciación dos máis novos e da comunidade, por iso continuarán informando dos riscos que implica o consumo excesivo de alcohol.

Mércores, 31 de maio de 2023
O Concello adxudica a renovación integral das zonas infantís do Castiñeiro que disporán de tirolina, rocódromo e elementos inclusivos

Os parques se unificarán nun só, de maior superficie, e contará con espazos para a convivencia interxeracional na que se integrará a actual área de picnic.

A Xunta de Goberno outorgaba hoxe os traballos á empresa Contenur por importe de 352.342 euros e un prazo de execución de catro meses.

As instalacións ofrecerán xogos para crianzas de ata 12 anos e se ampliará a zona de esparexemento, atendendo ás peticións das familias residentes no barrio.

Tamén incluirá asentos xiratorios con deseño especial para nenos e nenas con trastorno do espectro autista.

Mércores, 31 de maio de 2023
O Goberno de Lara Méndez adxudica a redacción do proxecto de rexeneración da Praza da Constitución

O importe do contrato ascende a 50.263 euros e a empresa adxudicataria disporá dun prazo de 45 días para entregar o traballo.

A actuación contribuirá a ennobrecer o terceiro maior espazo axardinado a carón da Muralla.

“A transformación da zona devolverá á alameda o esplendor de outrora como lugar de descanso e socialización da cidadanía”, asegurou a rexedora.

Todo o ámbito se manterá como unha plataforma única, de prioridade peonil e tráfico calmado a 20 km/h.

Segundo a alcaldesa, “a remodelación reverterá directamente na calidade de vida da veciñanza polos beneficios que terá a nivel ambiental a diminución da circulación e a plantación de máis arboredo”.

Martes, 30 de maio de 2023
A área de Muller e Igualdade licita un novo contrato para revalidar o programa de conciliación familiar ‘Aprende Xogando’

O orzamento máximo para a primeira anualidade ascende aos 50.820 euros.
 
O contrato terá unha duración de 2 anos, prorrogables por períodos anuais, por outros 2 ate chegar ás 4 anualidades.

Martes, 30 de maio de 2023
O Executivo de Lara Méndez mellorará a iluminación do Parque de Rosalía con criterios de aforro enerxético e perspectiva de xénero

A intervención, enmarcada no programa Muramiñae, persegue aumentar a eficiencia das instalacións e a seguridade cidadá e diminuír os consumos e a contaminación ambiental.

O Concello actuará nos espazos que dan servizo á pista de patinaxe, á caseta de xardinería, ao mapa da Península, o estanque e tamén nas propias Costas do Parque.

A rexedora sinalou que “o proxecto servirá, así mesmo, para poñer en valor puntos singulares do recinto considerado contorna de protección patrimonial”.

Ademais de incrementar o número de dotacións, os puntos de luz actuais, cun alto valor decorativo, serán restaurados substituíndo a tecnoloxía por outra máis moderna.

A alcaldesa explicou que en cada un dos centros de mando se implantará unha plataforma de xestión intelixente co fin de monitorizar o gasto de enerxía e detectar anomalías.

A intervención, en proceso de licitación, disporá dun orzamento municipal de 240.020 € e un prazo de execución de dous meses.

Martes, 30 de maio de 2023

Para erradicar a presenza de Pseudomonas, frecuente na natureza e especialmente en ambientes húmidos, a área de Medio Ambiente está a realizar un tratamento de choque no conxunto das instalacións.

Tras unha nova toma de mostras este xoves, se agarda poder abrir o recinto ao público como moi tarde o luns. Ata ese momento, non será posible realizar novas reservas.