O kit de limpeza Lu...guau!! para os ouriños dos cans está dispoñible na oficina de atención cidadá LuceLugo

O obxectivo do executivo de Lara Méndez é apelar á obriga e á responsabilidade dos donos de contribuír ao coidado dos espazos públicos e fachadas das vivendas privadas.

Mércores, 01 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O kit de limpeza Lu...guau!! para os ouriños dos cans está dispoñible na oficina de atención cidadá LuceLugo

O kit hixienizante da campaña ‘Lu...guau’ que entrega a área de Medio Ambiente do Concello de Lugo co fin de concienciar aos propietarios dos cans a que sexan proactivos na limpeza dos ouriños das súas mascotas, se pode recoller xa na oficina de atención cidadá LuceLugo, ubicada na rúa Clérigos.

O obxectivo desta acción de concienciación do executivo de Lara Méndez é apelar á responsabilidade e á obriga dos donos de cans no coidado e limpeza tanto dos espazos públicos da cidade como nas fachadas das vivendas privadas, evitando manchas e malos cheiros.

Baixo o lema “Deixa a súa pegada, non os seus ouriños”, á concellería que dirixe Miguel Fernández distribuíu nas distintas prazas do municipio máis de 2.500 recipientes reutilizables con vinagre branco, que actúa de desinfectante natural. O líquido deberá botarse tras os ouriños para aclaralos e axudar, así mesmo, a que outros cans meen no mesmo sitio.

Agora, a veciñanza tamén pode recoller os recipientes na oficina de atención cidadá do servizo de limpeza e recollida de lixo municipal, LuceLugo, de luns a venres laborables, en horario de 09.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.15 horas.

Noticias relacionadas