As obras céntranse no tramo comprendido fronte aos edificios números 52-54, 56, 58 e 60, onde o colector actual presentaba considerables deficiencias e estaba desfasado.
“Estamos a modernizar unha infraestrutura básica para garantir servizos públicos de calidade acordes á cidade que queremos e na medida dos recursos dos que dispoñemos”, sinalou o alcalde Miguel Fernández.
As obras, que contan cun investimento de 36.461 euros, iniciáronse o pasado 16 de marzo e atópanse xa moi avanzadas, estando prevista a súa finalización a finais deste mesmo mes.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, puxo en valor o avance das obras de renovación da rede de saneamento na rúa Miguel de Cervantes, unha actuación que ten como principal obxectivo mellorar a eficiencia da rede. “Esta é unha actuación necesaria para resolver problemas que e que mellora a súa calidade de vida ao tempo que moderniza a rede e evita incidencias na msema. Estamos a modernizar unha infraestrutura básica para garantir servizos públicos de calidade acordes á cidade que queremos e na medida dos recursos dos que dispoñemos”, sinalou o rexedor.
Esta intervención forma parte da estratexia do Goberno local para modernizar as infraestruturas básicas da cidade, actuando sobre aquelas redes que presentan un maior deterioro e que veñen ocasionando problemas recorrentes como atascos, roturas ou filtracións, cos consecuentes prexuízos para a cidadanía.
As obras céntranse no tramo comprendido fronte aos edificios números 52-54, 56, 58 e 60, onde o colector actual presentaba importantes deficiencias derivadas do seu deficiente estado de conservación, chegando a rexistrar incidencias por acumulación de residuos e dificultando ademais as tarefas de mantemento pola ausencia de determinados elementos técnicos.
A actuación inclúe a substitución da antiga tubaxe de formigón por unha nova de PVC, a execución de novos pozos de rexistro, sumidoiros e a renovación das acometidas domiciliarias. De maneira paralela, tamén se está a renovar a rede de abastecemento neste mesmo tramo, substituíndo as conducións antigas por tubaxes de fundición máis modernas e seguras.
Así mesmo, procederase á reposición integral do pavimento da beirarrúa, garantindo que o espazo público recupere as condicións adecuadas unha vez rematada a intervención.
O rexedor destacou a importancia deste tipo de actuacións, que en moitas ocasións pasan desapercibidas pero resultan fundamentais para o funcionamento diario da cidade: “Estamos a falar de obras que non sempre se ven, pero que son absolutamente esenciais para evitar problemas, mellorar os servizos básicos e garantir o benestar da veciñanza. Este é o modelo de cidade que defendemos: investir con responsabilidade para anticiparnos aos problemas e dar solucións reais”.
Miguel Fernández subliñou tamén o compromiso do Goberno local coa mellora continua das infraestruturas urbanas: “Lugo non pode avanzar con redes obsoletas. Temos que actuar con planificación e decisión para modernizar a cidade desde o subsolo ata a superficie, porque iso tamén é calidade de vida, iso tamén é cidade”.
As obras, que contan cun investimento de 36.461 euros (IVE incluído) e foron adxudicadas á empresa Construcciones Sanle Lugo S.L., iniciáronse o pasado 16 de marzo e atópanse xa moi avanzadas, estando prevista a súa finalización a finais deste mesmo mes.
Con esta intervención, o Concello continúa dando pasos firmes na mellora dos servizos públicos e na construción dunha cidade máis eficiente, sostible e preparada para o futuro.
Audios
Miguel Fernández - Miguel Cervantes | Descargar mp3


