A alcaldesa recibe a Atalaya Comunicación y Publicidad, finalista nos Premios Paraugas 2026

Xoves, 05 de novembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe a Atalaya Comunicación y Publicidad, finalista nos Premios Paraugas 2026
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu no Concello o equipo de Atalaya Comunicación y Publicidad, axencia lucense que volve situarse entre as finalistas dos Premios Paraugas, promovidos polo Clúster da Comunicación de Galicia.
 
Nesta edición, a empresa opta ao recoñecemento na categoría de Mellor Acción de Comunicación ou Márketing de Impacto Positivo polo proxecto «Morte Segura», desenvolvido xunto a Serfuja, que aborda a comunicación arredor dos falecementos e busca romper silencios e derrubar mitos sobre unha realidade que forma parte da vida.
 
Esta é a terceira ocasión nos últimos cinco anos na que Atalaya alcanza a fase final destes premios, un recoñecemento á súa creatividade e á capacidade de desenvolver iniciativas con repercusión social.
 
A alcaldesa trasladou ao equipo os seus parabéns por esta nominación e puxo en valor a contribución de empresas lucenses como esta, que desenvolven iniciativas innovadoras e sitúan o nome de Lugo no ámbito da comunicación galega.

Noticias relacionadas