O Concello solicita á Xunta o Plan Director da Muralla para coñecer o documento que debe guiar o futuro do monumento

Dende o Executivo municipal lamentan que un traballo de tanta relevancia para o ben máis identitario de Lugo non fose trasladado en ningún momento do proceso ao Concello nin a nivel institucional nin técnico.

“O noso centro histórico e a Muralla forman unha realidade patrimonial inseparable. Se queremos protexer, dinamizar e poñer en valor este conxunto único, precisamos instrumentos de coordinación que permitan planificar actuacións conxuntas e aproveitar ao máximo as oportunidades que ofrece este patrimonio”, sinalou a voceira municipal.

Abelleira engadiu ademais que esta circunstancia pon de manifesto a necesidade de avanzar en fórmulas estables de colaboración entre administracións, como o Consorcio para o centro histórico que impulsa o alcalde, Miguel Fernández.

Venres, 13 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello solicita á Xunta o Plan Director da Muralla para coñecer o documento que debe guiar o futuro do monumento

O Goberno local do Concello de Lugo solicita formalmente á Xunta de Galicia a remisión do Plan Director da Muralla, o documento chamado a vertebrar a conservación, xestión e futuro do principal símbolo patrimonial da cidade. Dende o Executivo municipal lamentan que un documento de tanta relevancia para o ben máis identitario de Lugo non fose trasladado en ninguna fase ao Concello nin a nivel institucional nin técnico, a pesar de que a administración local é a máis próxima á realidade diaria da cidade e da contorna do monumento, polo que consideran necesario traballar de xeito coordinado entre administracións ou, cando menos, contar cunha canle de comunicación fluída polo ben da cidade, da veciñanza e da propia Muralla.

A Muralla romana de Lugo, declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO, constitúe non só un elemento esencial da identidade histórica e cultural da cidade, senón tamén un dos principais motores de proxección turística e dinamización social e económica do municipio. Por este motivo, o Goberno local considera fundamental que calquera planificación sobre o seu futuro conte con consenso social.

A portavoz municipal, Ana González Abelleira, sinalou que “resulta poderosamente chamativo que un documento chamado a definir o futuro dun patrimonio mundial tan relevante para Lugo non teña sido remitido ao Concello nin sequera a nivel técnico”. Neste sentido, indicou que esta situación “evidencia unha falta do máis mínimo rigor institucional e de respecto cara á administración local e cara á propia cidade e a súa veciñanza”.

O Consorcio para o centro histórico proposto polo alcalde, máis necesario ca nunca

Abelleira engadiu ademais que esta circunstancia pon de manifesto a necesidade de avanzar en fórmulas estables de colaboración entre administracións, como o consorcio para o centro histórico proposto polo alcalde Miguel Fernández e no que xa traballa o Concello. “Un órgano deste tipo permitiría articular un espazo de traballo permanente no que sumar o impulso de todas as administracións e tamén da propia sociedade lucense para desenvolver todo o potencial do noso casco histórico”, explicou.

Neste sentido, a portavoz subliñou que “o casco histórico e a Muralla forman unha realidade patrimonial inseparable. Se queremos protexer, dinamizar e poñer en valor este conxunto único, precisamos instrumentos de coordinación que permitan planificar actuacións conxuntas e aproveitar ao máximo as oportunidades que ofrece este patrimonio”.

O Concello reitera así a súa disposición a colaborar lealmente coa Xunta de Galicia e co resto de institucións para garantir que todas as actuacións relacionadas coa Muralla romana se desenvolvan cunha planificación rigorosa, participada e consensuada, á altura dun patrimonio recoñecido internacionalmente.

Audio

  • A portavoz municipal, Ana González Abelleira, sobre a Muralla | Descargar mp3

Noticias relacionadas