Elena Candia participa na entrega dos cheques da segunda edición de «Diez Raz10nes»

Luns, 16 de novembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia participa na entrega dos cheques da segunda edición de «Diez Raz10nes»
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, asistiu esta mañá ao acto de entrega dos cheques da segunda edición de «Diez Raz10nes», unha iniciativa solidaria impulsada por Allentum, Atalaya Comunicación y Publicidad, Cachivaches, España e Kronos, que nesta convocatoria apoia dous proxectos sociais da cidade: Alume Saúde Mental e a Área de Humanización do HULA, para o desenvolvemento de Murallalandia.
 
A iniciativa dá continuidade ao traballo desenvolvido na súa primeira edición, na que os fondos recadados se destinaron a Raiolas e Down Lugo. «Diez Raz10nes» pon de manifesto a capacidade de colaboración entre o tecido empresarial e as entidades sociais para apoiar proxectos que contribúen ao benestar das persoas.

Noticias relacionadas