Elena Candia recibe a estudantes de Lugo e París no Concello

Mércores, 03 de xuño de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia recibe a estudantes de Lugo e París no Concello

A alcaldesa Elena Candia e o concelleiro de Cultura e Educación, Javier Vázquez Prado, recibiron hoxe no Concello aos alumnos do Colexio Franciscanos de Lugo e a un grupo de rapaces e rapazas do curso superior do Colexio Notre Dame de Lourdes de París que están participando nun programa de intercambio.

O grupo de 50 nenos e nenas de entre 13 e 15 anos, que cursan segundo e terceiro da ESO e que estiveron acompañados polos seus profesores, tiveron unha actitude moi participativa e amosaron curiosidade polo funcionamento da Corporación Municipal. Elena Candia explicou as funcións do goberno local aos estudantes, moi interesados en saber como se toman as decisións no Concello e cal é a forma de organización do Executivo municipal.

Noticias relacionadas