O Tenente de Alcalde e o edil de Infraestruturas coñeceron de primeira man as necesidades das e dos veciños do barrio.
“Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar”, afirmou Rubén Arroxo.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron un encontro na rúa Manuel Murguía con veciñas e veciños da zona. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as necesidades da veciñanza e acordou elaborar un proxecto para “mellorar a seguridade da rúa e seguir avanzando na cidade dos 5 minutos, creando novos espazos de convivencia e apostando por un tráfico máis calmado”.
As veciñas e veciños da zona da rúa Manuel Murguía trasladaron tamén a proposta de modificar o sentido da rúa co obxectivo de mellorar a mobilidade e a conexión do barrio co resto da contorna. Tras analizar a proposta, acordouse levar a cabo este cambio, polo que nos próximos meses procederase á modificación do sentido de circulación desta rúa para mellorar a conexión do barrio e facilitar os desprazamentos da veciñanza.
Rubén Arroxo mantivo esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade. Arroxo afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas pola veciñanza da zona. “Traballamos para seguir mellorando a cidade”, afirmou Arroxo, que engadiu “desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo”.
A área de Mobilidade e Infraestruturas, dirixida por Rubén Arroxo, é a encargada de servizos importantes para toda a veciñanza, encargándose de cuestións como o calmado do tráfico, “unha das principais reclamacións das veciñas e veciños de Lugo”, explicou. O Tenente de Alcalde destacou que “nos últimos anos avanzamos enormemente nesta cuestión, incluíndo esta rúa, onde realizamos múltiples intervencións para mellorar a seguridade viaria”, e engadiu “seguimos traballando para continuar a aumentar a seguridade viaria nas zonas urbanas e periurbanas”.
Audio
- O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a rúa Manuel Murguía | Descargar mp3



