O executivo de Lara Méndez comeza mañá o plan integral de limpeza barrio a barrio en Casás e Abella

O obxectivo desta plan, que executa Medio Ambiente, é unificar os esforzos e os recursos municipais por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade.

Unha vez finalicen as tarefas nestas zonas, procederase a traballar en A Residencia, Gándaras, Sagrado Corazón e Galegos.

16 dos 341 expedientes tramitados por acumulación de maleza en predios particulares, pertencen a estes barrios.

Sábado, 03 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O executivo de Lara Méndez comeza mañá o plan integral de limpeza barrio a barrio en Casás e Abella

O plan de concentración de dispositivos municipais para abordar, dunha maneira integral, a limpeza dos barrios de Lugo posto en marcha pola alcaldesa, Lara Méndez, chegará o luns, día 5, aos barrios de Casás e Abella, despois de finalizar no barrio de Castiñeiro.

O obxectivo desta plan, que executa o tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, é unificar os esforzos e os recursos municipais por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade, sen descoidar o labor ordinario que se leva a cabo diariamente. Para iso, actúa barrio por barrio un amplo operativo integrado polas empresas encargadas da limpeza urbana, do mantemento das zonas verdes e a revisión dos parques infantís, apoiados polas brigadas municipais.

O edil Miguel Fernández, indicou que o luns o operativo iniciará os labores en Casás e Abella, traballos que abranguen, de forma simultánea e coordinada, a roza - tanto de vías como de predios municipais - o varrido mixto das rúas e bordos, a limpeza dos sumidoiros e dos colectores así como dos bancos e resto do mobiliario urbano con máquinas a presión que tamén se empregarán na eliminación de graffiti, o baldeo das rúas e perfilado do céspede. “Tamén se  desherbaran os camiños interiores das zonas verdes e colocarase planta con flor, alén de limpar e amañar os alcorques das árbores e de podar sebes e arbustos”, incidiu Miguel Fernández.

Ademais, procederase á limpeza da rede de sumidoiros e o desherbado de rúas e roza dos soares municipais, complementando esta acción cos 341 expedientes tramitados por acumulación de maleza en predios particulares aos propietarios que non están a cumprir coa súa obriga de mantelos en bó estado, “tramitándose nos barrios e Casás e Abella un total de 16” apuntou o edil.

Unha vez finalicen as tarefas de limpeza nestes barrios, procederase a traballar en A Residencia, Gándaras, Sagrado Corazón e Galegos.

O tenente de alcaldesa volveu a pedir, unha vez máis, responsabilidade colectiva en prol do mantemento dunha cidade limpa, onde prime o civismo e o respecto para o mobiliario urbano da cidade, “que é patrimonio de toda a cidadanía”.

Audio

  • O executivo de Lara Méndez, comeza mañá o plan integral de limpeza barrio a barrio en Casás e Abella | Descargar mp3

Noticias relacionadas