O Concello lamenta que o proxecto non fose enviado con anterioridade, xa que o deterioro progresivo da rúa Serra de Meira continúa xerando problemas de seguridade e mobilidade para a veciñanza.
“Serra de Meira non é a única actuación pendente. Por iso tamén queremos lembrar que outra intervención clave dese plan, como é a mellora da Calzada das Gándaras, segue pendente de avances por parte da Xunta, e desde o Concello non imos deixar de reclamala”, indocu o alcalde.
Este non é o único convenio que o Concello ten xa ultimado. O Goberno local atópase tamén en disposición de asinar coa CHMS o acordo para a mellora integral da rúa Fermín Rivera, no entorno da zona fluvial do barrio da Ponte.
- Tema

O Concello de Lugo aprobará este mércores en Xunta de Goberno Local o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a execución das obras de mellora da rúa Serra de Meira, unha actuación incluída no marco do Plan Paradai. A aprobación do acordo prodúcese despois de que o Goberno autonómico remitise o proxecto o pasado venres, día 6, co obxectivo de que puidese ser analizado e informado polos servizos técnicos municipais.
O Gobernó local lamenta que o documento non fose enviado con anterioridade, xa que o deterioro progresivo da rúa Serra de Meira, continúa xerando problemas de seguridade e mobilidade para a veciñanza nunca zona en pleno desenvolvemento.
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, subliñou a importancia desta actuación dentro do conxunto de intervencións previstas no Plan Paradai. “Serra de Meira é unha parte importante do Plan Paradai, pero non é a única actuación pendente. Por iso tamén queremos lembrar que outra intervención clave dese plan, como é a mellora da Calzada das Gándaras, segue pendente de avances por parte da Xunta, e desde o Concello non imos deixar de reclamala. Porque Lugo necesita que todos os compromisos adquiridos co Plan Paradai se cumpran”, sinalou o rexedor.
Unha vez rubricado o convenio e completada a análise técnica do proxecto, activaranse de inmediato os trámites administrativos necesarios para avanzar na súa tramitación e facilitar que as obras poidan iniciarse o antes posible. Deste xeito, os técnicos municipais procederán a informar o proxecto e a recadar os informes necesarios da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a execución da obra, un proceso que se realizará coa máxima celeridade.
Outro convenio a piques de formalizar: mellora de Fermín Rivera
Este non é o único convenio que o Concello ten xa ultimado. O Goberno local atópase tamén en disposición de asinar nos próximos días o acordo para a mellora integral da rúa Fermín Rivera, no entorno da zona fluvial do barrio da Ponte. O documento será aprobado previsiblemente na Xunta de Goberno Local da próxima semana.
Esta actuación desenvolverase grazas á colaboración entre o Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, cun investimento superior aos 2 millóns de euros.O acordo establece que a Confederación asumirá o 95 % do custo da actuación, mentres que o Concello aportará o 5 % restante, nun exemplo de cooperación institucional para mellorar a contorna fluvial da cidade.
“A actuación suporá unha mellora moi importante tanto desde o punto de vista urbano como ambiental, recuperando este espazo como lugar de encontro, de paseo e de relación coa natureza. En definitiva, un paso máis na estratexia que estamos desenvolvendo para recuperar os nosos ríos como espazos públicos de referencia e mellorar a calidade de vida da cidade”, explicou o rexedor.

